ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de voluntariado ambiental no Macizo...

17-09-2017 / 17 de setembro de 2017

Xornada de voluntariado ambiental no Macizo Central Ourensán

As lagoas e charcas temporais mediterráneas son un tipo de hábitat de interés comunitario (3170) considerado prioritario según a Directiva 92/43/CEE. É un dos hábitats presentes no Macizo Central Ourensán e que nalgúns casos, están a amosar problemas de colmatación polo arrastre de áridos das pistas e cortalumes.

O domingo 17 de setembro realizaremos unha xornada de voluntariado ambiental para a recuperación de charcas afectadas por esta problemática. Na mesma procederemos a descolmatar alguna das charcas quitando a area e grava que se acumula debido aos arrastres procedentes das pistas e cortalumes. Construiremos tamén trampas de sedimento nas proximidades para así evitar que se volvan a colmatar.

A xornada comezará as 10.30 da mañá e durará todo o día. Pola tarde faremos un pequeño roteiro por este espazo natural.

A actividade é gratuíta e pode participar calquieira persoa pero é preciso inscribirse; ramses@adega.gal  ou chamando ao 616 23 80 50.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal