ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Palestra en Xanceda (Mesía) sobre a...

21-07-2017

Palestra en Xanceda (Mesía) sobre a problemática das minas de ERIMSA

Este vindeiro venres 21 ás 22:30 na casa da Cultura de Xanceda (Mesía) a Comisión de seguemento dos proxectos mineiros de ERIMSA neste concello convoca unha xuntanza informativa.

Nesta xuntaza, abordaranse por parte de expertos/as e ecoloxistas as implicacións destes proxectos mineiros na comarca e no concello de Mesía en particular.

PROGRAMA

  • Presentación do comité de seguemento sobre a mina.
  • Estado actual do proxecto de ERIMSA en Mesía.
  • Información sobre os efectos e consecuencias do proxecto.
  • Información sobre a afectación da normativa de minas sobre as terras.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal