ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Actos do sábado 3 xuño contra a...

03-06-2017

Actos do sábado 3 xuño contra a eucaliptización e as celulosas, polo Día Mundial do Medio Ambiente

O vindeiro sábado 3 de xuño, no marco da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, vanse celebrar en Pontevedra varios actos relacionados coa problemática da eucaliptización promovidos pola APDR, nos que colabora ADEGA, a FEG e a rede Cousa de Raíces

-Pola mañá: PLANTACIÓN SIMBÓLICA DE EUCALIPTOS, ás 12h na Praza da Ferrería. No marco do día Internacional do Medio Ambiente a APDR, ADEGA, a Federación Ecoloxista Galega e Cousa de Raices, coorganizan unha plantación de eucaliptos na Praza da Ferrería denunciando a eucaliptización de Galiza.

-Pola tarde: MARCHA CONTRA CELULOSAS, con saída ás 19:30 das Alamedas de Pontevedra e Marín, co lema “HOXE ELNOSA, MAÑÁ CELULOSAS”.

Participade e difundide!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal