ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Descuberta de biodiversidade (Bioblitz) nas...

07-05-2017 / 7 de maio de 2017

Descuberta de biodiversidade (Bioblitz) nas microreservas de Fisterra

O Concello de Fisterra ven de recibir unha axuda da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, cofinanciada co FEADER, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, centrada na creación dunha rede de microreservas de flora, como mecanismo para a conservación de hábitats prioritarios ou de interese comunitario, fomentando a participación activa da poboación local.

Esta iniciativa comezou xa en 2016 onde se desenvolveron varias accións de voluntariado ambiental. En 2017 continuase co proxecto. Hai programadas diferentes accións como eliminación de  especies exóticas invasoras, restauración de hábitats, recolección e conservación de xermopplasma, etc.

A actividade de Bioblitz ou descuberta de biodiversidade está encamiñada á mellorar o coñecemento dos tipos de hábitats e especies presentes nas zonas de especial conservación do litoral de Fisterra. Esta actividade estará guiada por botánicos expertos en especies ameazadas e naturalistas expertos en aves e libeliñas. Ten como obxectivo fundamental divulgar os valores naturais deste espazo entre a cidadanía.

A actividade é gratuíta. Se estás interesado/a en participar, anótate:
Virginia Rodríguez: 650 261 283 / 981 57 00 99
viqui@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal