ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / No Día da Terra, máis de 60...

22-04-2017

No Día da Terra, máis de 60 colectivos pediremos o freo á eucaliptización de Galiza

Con motivo do Día da Terra, todos os colectivos e persoas que conformamos o movemento “Cousa de Raíces”, xunto coa Asemblea  contra a eucaliptización de Compostela, convocan unha concentración contra a eucaliptización de Galicia o vindeiro sábado, 22 de abril, ás 12 horas na Praza de Obradoiro de Compostela.  

Nesta concentración realizarase unha performance que consistirá na simulación da plantación con eucaliptos da principal praza compostelá. Esta plantación simbólica da Praza do Obradoiro tentará promover a reflexión sobre o desleixo que os nosos montes e agras están a sufrir fronte as plantacións masivas de eucaliptos, moitas delas ilegais, sen que a Administración faga nada por frealas.

Neste acto tamén se denunciará a destrución do patrimonio natural e cultural que está a provocar o monocultivo forestal desta especie invasora no noso territorio.

Achégate ao Obradoiro o vindeiro sábado e trae a túa pola de eucalipto!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal