ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / II mini-curso básico de denuncia ambiental...

19-04-2017

II mini-curso básico de denuncia ambiental en ADEGA-Lugo

A delegación de ADEGA en Lugo realizará o mércores, 19 de abril, de 19 a 21 horas, no seu local (Ronda Fontiñas, 180 Ent), un novo mini-curso básico sobre como elaborar denuncias ambientais e solicitudes de información ambiental. Neste encontro formativo de 2 horas, ADEGA trasladará aos participantes coñecementos básicos sobre a estrutura dunha denuncia, dunha solicitude de información ou dun escrito de alegacións. Así mismo, tamén nos indicará a que organismos dirixir os nosos escritos dependendo dos feitos que se denuncian ou solicitan, e que ferramentas dixitais de localización xeográfica son as máis efectivas para os nosos cometidos. Aprenderemos nocións básica no manexo do SIXPAC ou do PNOA.

ADEGA-Lugo tamén animará aos participantes a participar de forma activa no noso labor de denuncia ambiental a través da elaboración voluntaria deste tipo de escritos, axudando a ADEGA a dar continuidade a súa inxente labor na denuncia de talas e plantacións ilegais, vertidos a ríos, vertedoiros de lixo ilegais, etc. Un labor que mesmo poderías realizar desde a túa casa.

A sesión formativa estará aberta para todas aquelas persoas interesadas, mais haberá que inscribirse previamente para poder participar enviando o teu nóme e teléfono ao email adegalugo@adega.gal ou chamando ao 982240299.



O mini-curso durará unas 2 horas e será impartido por socios de ADEGA-Lugo con experiencia na elaboración de todo tipo de escritos administrativos.   

Pregamos confirmación anticipada da túa asistencia no email adegalugo@adega.gal. 
Coa túa axuda seremos máis fortes!

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal