ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de eliminación de invasoras na UDC

23-02-2017

Xornada de eliminación de invasoras na UDC

A xornada comezará ás tres e media da tarde, no Salón de actos da Facultade de Ciencias no Campus da Zapateira. Ramsés Pérez, educador ambiental de ADEGA explicaranos antes de saír ao campo cal é a problemática das especies exótico-invasoras.

A continuación, sairemos ao Monte da Fraga a identificar as diferentes especies e continuar a labor de eliminación. O monte da Fraga é un espazo de monte que pertence a Universidade da Coruña no que levamos once anos tratando de transformar o eucaliptal nun bosque autóctono.

Información importante:

Darémosvos material necesario, pero é preciso que traiamos roupa e calzado axeitado para camiñar polo monte.

A realización da actividade ven condicionada polo tempo, polo que se aprazaría se chovese ou houbese condicións climatolóxicas adversas ese día.

A OMA recórdavos que polo convenio que ten asinado con Oficina de Voluntariado, todas as persoas que realicen 15 horas de actividades de voluntariado ambiental terán a súa correspondente acreditación.

Para unha mellor organización da actividade, pedimos que vos anotedes en oma@udc.es

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal