ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / 41 Asemblea Xeral de ADEGA e celebración...

28-01-2017

41 Asemblea Xeral de ADEGA e celebración dos 40 anos

A 41 Asemblea Xeral de ADEGA terá lugar o vindeiro sábado 28 de xaneiro na cidade da Coruña. Alén dos actos asambleares, haberá un xantar de confraternización, a entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2016 e a celebración dos 40 anos de ADEGA.

Será no Quiosco Alfonso en horario de 10:30h a 14:30h (mañán) e de 17:00h a 19:00h (tarde). O xantar (opcional) de 14:45h a 17:00h.

Actos asambleares

-10:00h (1ª convocatoria); 10:30h (2ª convocatoria): Apertura

-10:35h Aprobación, de proceder, da acta anterior.

-10:40h a 11:30h Apresentación dos documentos asambleares:
+Informe económico
+Informe de organización
+Informe de actividades

-11:30h a 12:00h 
Debate e aprobación (de proceder) dos textos. 

-12:00h a 12:30h 
Descanso.

-12:30h a 13:15h 
Traballo en grupos:
+Relación cos socios/as e reactivación da organización (comunicación interna, delegacións, milloras organizativas…)
+Compromiso ambiental e relación de ADEGA coa sociedade (o papel e as estratexias do ecoloxismo para a sociedade actual).
+A problematica do eucalipto, a biomasa e o modelo forestal.
+A problemática dos residuos e a contaminación ambiental.

-13:15h a 14:00h 
Posta en común dos grupos de traballo e conclusións: prioridades e liñas para 2017.

-14:00 a 14:15h
 Elección da nova Xunta Directiva.

-14:15h a 14:30h 
Propostas de resolución e conclusión dos traballos asambleares.

NOTAS IMPORTANTES: 
-Recibiredes unha copia dixital de todos os documentos asambleares nos vosos enderezos electrónicos. No lugar da Asemblea haberá só algunhas copias en papel.
-Os grupos de traballo son de adscrición libre. Porén, procurarase que estean equilibrados en canto ao número de integrantes.
-As propostas para a nova Xunta Directiva achegaranse por escrito até 7 días antes (sábado 21 de xaneiro) do da Asemblea (28 de xaneiro).
-As propostas de resolución achegaranse por escrito até o mesmo día da Asemblea.

Actos abertos

-14:45h a 17:00h Xantar de confraternización e entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2016. O acto terá lugar no restaurante A Marola (Hotel Zenit Coruña, R/ Comandante Fontanes, 19, A Coruña).
Prezo por persoa arredor de 20€. É imprescindíbel apontarse previamente. Por defecto, servirase menú vexetariano, polo que na reserva é preciso indicar outras preferenzas (carne, peixe, celíaco…)

-17:15h a 19:00h Actos de celebración dos 40 anos: "ADEGA NA CRISE DOS 40” (Vídeo comemorativo, intervencións, actuacións musicais…)

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal