ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Voluntariado ambiental para a eliminación...

24-09-2016

Voluntariado ambiental para a eliminación de invasoras no río Limia

ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental para o sábado 24 de setembro. A xornada realizarase nun lugar de importante valor ecolóxico como é o río Limia e a contorna da Lagoa de Antela que forman parte do ZEC Baixa Limia.

ADEGA asinou en 2015 un convenio de coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza para desenvolver un programa de educación, divulgación e voluntariado ambiental que contempla actuacións centradas na conservación de especies e hábitats na xeografía galega e na loita contra as especies exóticas invasoras. A introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas. ADEGA leva anos traballando nesta temática, é por iso que unha vez máis organiza esta xornada dando á cidadanía a oportunidade de actuar con iniciativas de custodia no medio fluvial.

A actividade do 24 de setembro estará centrada na eliminación e control da Ludwigia grandiflora, especie acuática que está colonizando o cauce do Limia. Esta actuación continúa os traballos desenvolvidos pola delegación de conservación de Ourense en 2014 e polo voluntariado de ADEGA en 2015
Para esta actividade o voluntariado contará con seguro de responsabilidade civil e de accidentes. A xornada comezará o sábado pola mañá. Tras a recepción do voluntariado e dunha pequena introdución á problemática ambiental das invasoras, comezarán os traballos de campo, para os que o voluntariado contará coa ferramenta apropiada. Haberá un descanso para a comida (gratuíta para os participantes) e unha segunda sesión de traballo durante a tarde. O voluntariado poderá coñecer este magnífico espazo natural e axudar á súa conservación.
As prazas son limitadas, polo que é preciso inscribirse enviando a ficha de inscrición (abaixo en descargas).

Correo: pacobanhobre@adega.gal  Teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal