ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / VIII Limpeza Simultánea de Ríos

27-09-2015

VIII Limpeza Simultánea de Ríos

O día 27 de setembro celebraremos a oitava edición da Limpeza Simultánea de Ríos.

Esta actividade ten o obxectivo de concienciar á sociedade da necesidade de que os nosos ríos estean ben conservados, e a presenza de lixo é unha ameaza constante que sofren os cursos fluviais.

Se a túa entidade, concello, centro de ensino, etc. está interesado en participar nesta nova actuación ponte en contacto con nós: 981 57 00 99 / 619 672 038. Ou através do e-mail: pacobanhobre@adega.gal

Grazas á colaboración de 54 entidades o pasado ano, retiráronse máis de 12 Tn. de lixo e participaron un total de 540 voluntarias/os de 43 concellos en 49 ríos en toda Galiza.

O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde. Este ano queremos volver a contar coa vosa axuda para levar a cabo a VIII xornada de limpeza simultánea en ríos.

Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar e tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado.

Aínda estás a tempo de anotarte con algún dos grupos que participan este ano. Podes ver o listado nas ligazóns de abaixo.

#LimpezaRios

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal