ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Conservación de Peixes e Bivalvos...

Do 29-05-2015 ao 30-05-2015

Conservación de Peixes e Bivalvos Ameazados

Os días 29 e 30 de maio celébrase en Bragança un obradoiro sobre a conservación de peixes e bivalvos ameazados. Está organizado pola Escola Superior Agrària de Bragança, o Centro de Investigação de Montanha e o Instituto da Consevaçao da Natureza e das Florestas.

Presentaranse traballos e proxectos relacionados coa conservación de especies como Achondrostoma occidentale, Margaritifera margaritifera e Galemys pirenaicus. Haberá tamén participación de asociacións que falarán da participación social nos espazos fluviais. Neste apartado, o Proxecto Ríos estará presente falando do papel do voluntariado na conservación das zonas de ribeira.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal