ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Documental Tesouro de Corcoesto

04-05-2015

Documental Tesouro de Corcoesto

O Tesouro de Corcoesto

O documental, que trata o conflito en torno á mina de ouro en Corcoesto, presentarase o día 4 de maio nosalón de actos na Facultade de Socioloxia e Ciencias da Comunicación no Campus de Elviña as 19h. A proxección irá acompañada dunha presentación e coloquio a cargo da súa directora, Cora Peña.

Tesouro de Corcoesto trata do conflito xurdido en torno ao proxecto de mina de ouro en Corcoesto, un caso que convulsionou á sociedade galega e que colocou a esta pequeña localidade bergatiñán no mapa mundial de loitas ambientais.

O documental formula unha ampla investigación, que abrangue temas técnicos, empresariais, económicos e sociais, deténdose, especialmente, nun activismo cidadán que conseguíu o que non se prevía: parar a mina. Polo menos, de momento.
Este documental é unha produción independente, respaldada polo micromecenado de 180 persoas e colectivos a través do crowdfunding.

Para unha mellor organización pregamos que a quen este interesado en asistir a proxección nos mande un correo aoma3@udc.es co seu nome e DNI.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal