ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada divulgativa: Efermidades Infecciosas...

25-04-2015

Xornada divulgativa: Efermidades Infecciosas Emerxentes

Xornada divulgativa: Efermidades Infecciosas Emerxentes

A propagación de varias enfermidades, denominadas enfermidades infecciosas emerxentes, ten levado á extinción repentina a numerosas poboacións de anfibios, mesmo en lugares illados e ben preservados. ADEGA, Asociación Herpetolóxica Española (AHE) e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) queren divulgar esta problemática para o que convocan unha xornada formativa o vindeiro sábado 25 no Pazo da Cultura de Pontevedra, día no que ademáis se celebra o evento mundial Save The Frogs Day.

Malia coñecerse relativamente pouco sobre o modo de actuación destas enfermidades, é imperativo que toda a xente coñezan esta grave problemática Son moitos os visitantes dos ecosistemas acuáticos que poden axudar ao coñecemento destas enfermidades biólogos, investigadores, voluntariado ambiental, pescadores deportivos, afeccionados as actividades acuáticas e público xeral.

Recentemente publicouse un estudo sobre os efectos dun ranavirus nas poboacións de anfibios dun encoro galego. Paralelamente sucedeu o mesmo, no Parque Nacional dos Picos de Europa. Este virus afectou fundamentalmente ao pintafontes verde (Triturus marmoratus) e ao pintafontes ibérico (Lissotriton boscai), e indirectamente ás cobras acuáticas (Natrix sp) que se alimentaron dos pintafontes mortos ou moribundos.

A última mala nova que pode afectar aos anfibios galegos, concretamente ás píntegas e pintafontes, foi o descubrimento dun novo fungo (Batrachochytrium salamandrivorans) que como o seu nome indica devora ás píntegas.

Lamenablemente para os nosos hérpetos, non se coñece cura para ningunha destas EIE, e os seus efectos semellan ser devastadores para as súas poboacións. Unha vez que aparecen no ecosistema é case imposible eliminalos ou controlalos.

ADEGA, a AHE e a SGHN organizan esta xornada formativa para dar a coñecer esta problemática.

Programa
10.30 
Presentación: Ramsés Pérez. ADEGA.
11.00
  Charla: As Enfermedades Infecciosas Emerxentes.                              
Cesar Ayres. AHE.
11.45
  Presentación Protocolo: Moisés Asensi Cabirta. SGHN.
12.00
 Debate

Lugar:
Pazo da Cultura de Pontevedra   


Contacto e Inscrición

ramses@adega.gal 649 611 508 / 981 57 00 99

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal