ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Xornada de voluntariado para recuperar unha poza...

25-04-2015

Xornada de voluntariado para recuperar unha poza de rega

Xornada de voluntariado para recuperar unha poza de rega

Charcas con vida convoca unha nova xornada de voluntariado. A actividade celebrarase no lugar de Sabarís (Campañó, Pontevedra) o próximo sábado día 25 de abril pola tarde (a partir das 16:00).

A actuación a realizar será a recuperación de unha antiga poza de rega, chamada “O pozo das ras”. Nunha zona de fincas onde existe unha nacente de auga, había unha pequena poza que abastecía de auga aos cultivos do lugar de Sabarís. Actualmente na zona os puntos de auga son moi escasos.

A poza localízase nunha finca privada, e para esta actuación se asinará un acordó de custodia do territorio coa propietaria. ADEGA comprométese mediante este acordo a recuperar a antiga poza e realizar labores de seguemento e mellora cando foran precisos. Pola súa banda a propietaria comprométese a manter a poza e explotar dita finca dun xeito sostible.

A custodia do territorio é unha ferramenta de conservación do territorio que dá a posibilidade aos propietari@s e usuarios dos terreos de participar activamente na  mellora da paisaxe, na conservación de certas especies, e na conservación o patrimonio. Neste caso a propietaria axuda a crear novos hábitats para os anfibios da contorna, e ademáis recupera parte do patrimonio cultural como son as antigas pozas de rega, moitas abandonadas na actualidade.

A actividade será pola tarde do sábado 25 de abril co gallo da celebración do día mundial “Save the Frogs”. É unha actividade de voluntariado gratuíta na que as persoas participantes terán cuberto un seguro de accidentes. As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse. Para participar envía cuberta a ficha de inscrición (Abaixo en descargas) ou ponte en contacto con nós.

Charcas con Vida é unha iniciativa que conta coa Colaboración da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas.

Contacto:
Lucía  Parente
lucia@adega.gal
               
Tlf: 669 80 69 08

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal