ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Ven connosco a eliminar eucaliptos na Eira da...

07-03-2015

Ven connosco a eliminar eucaliptos na Eira da Xoana

O vindeiro 7 de marzo, sábado, convocámosvos a unha xornada de voluntariado ambiental para eliminar eucaliptos nas fincas que a Fundación Eira custodia en Ramil, Agolada. Polos nosos bosques autóctonos, nin un eucalipto sen cortar!

A xornada, en horario de 16 a 18h, enmárcase na campaña "Cousa de Raíces" en defensa dos nosos bosques autóctonos.

Traballaremos nunhas parcelas custodiadas pola Fundación Eira no lugar de Ramil, Agolada, en pleno Alto Ulla, e ao carón da Eira da Xoana.

Os eucaliptos amezan con desprazar ao bosque autóctono nun espazo de alto valor natural e patrimonial, a escasa distancia do Castelo de Pambre, o Castro de Remonde, o río Ulla e a Rede Natura do Careón.

A cita pois é nas instalacións da Eira da Xoana (localización e máis info)

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal