ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Charla sobre raias e tiburóns da Reserva...

26-12-2014

Charla sobre raias e tiburóns da Reserva de Cedeira

ADEGA, SomosCedeira, o grupo de recursos mariños e pesqueirías da UDC e a Confraría de Pescadores de Cedeira organizan unha charla-coloquio para o vindeiro día 26 de decembro ás 20h no salón de actos da confraría de pescadores de Cedeira.

Co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor a reserva mariña de interese pesqueiro de Cedeira, estes catro colectivos organizan unha charla que contará coa participación das investigadoras da Universidade da Coruña Ana Tubío e Diana Fernández. As investigadoras falarán sobre os numerosos proxectos que o grupo de recursos mariños e pesqueirías teñen levado a cabo neste espazo protexido.

Actualmente este grupo de investigación están a ultimar un proxecto centrado nas raias e tiburóns deste espazo protexido, e nesta charla poderán relatarnos en que consiste este este proxecto, e cales son as raias e tiburóns da reserva mariña así como a súa importancia no ecosistema.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal