ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / 39 Asemblea Xeral de ADEGA

17-01-2015

39 Asemblea Xeral de ADEGA

39 ASEMBLEA XERAL: Sábado 17 de xaneiro, A Nave de Vidán (Compostela), Premios Osíxeno e Dioxina 2014 e xantar anual de confraternización

Por acordo da Xunta Directiva, a 39 Asemblea Xeral de ADEGA terá lugar o vindeiro día 17 de xaneiro de 2015 en horario de 10:30 a 14:30 nos locais da Nave de Vidán (Avda. Mestra Victoria Míguez 44, Compostela).

ORDE DO DÍA PROVISIONAL:

+10:00-10:30h Recepción de socios/as e benvida.

+10:30-11:30: Informe de organización (altas, baixas, delegacións, web e redes sociais, imaxe corporativa...) e económico. Fins Eirexas e Xan Louzao.

+11:30-12:45: Seguemento e balanzo das liñas estratéxicas 2014 (Territorio, Sinerxias, Comunicación, Ed. Ambiental e Eira da Xoana), por parte dos responsábeis e relatores/as. Valoración da campaña dos residuos a cargo de María R. Lafuente.

+12:45-13:00: Descanso.

+13:00-14:00: Liñas de actuación e campañas 2015.

+14:00-14:30: Elección da nova Xunta Directiva e propostas de resolución. Encerramento.

Despois dos traballos da Asemblea, este mesmo sábado 17 no restaurante da Nave de Vidán celebraremos o xantar anual de confraternización, e a entrega dos premios Osíxeno e Dioxina 2014. Convidámosvos a achegar as vosas propostas para o premio Osíxeno 2014 á millor actuación ambiental do ano (categorías individual e colectivo); o Osíxeno de Honra 2014 (á traxectoria dun persoeiro/entidade) e o premio Dioxina 2014 á pior actuación/actitude ambiental, tamén nas categorías individual e colectivo.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal