ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Asina a Declaración de Barcelona de...

Do 03-12-2014 ao 03-01-2015

Asina a Declaración de Barcelona de Custodia do Territorio

ADEGA, como parte da Agrupación Galega de Entidades de Custodia do Territorio,  ven de traducir ao galego e asinar a Declaración de Barcelona.

Despois dun proceso de participación, a Declaración de Barcelona presentouse oficialmente o pasado 07 de novembro 2014 no 1er Congreso de Custodia do Territorio Europeo. Terra: Calidade de Vida, que tivo lugar na cidade de Barcelona.

A Declaración de Barcelona sobre a custodia do territorio ten como obxectivo establecer as bases necesarias para contribuír a un maior desenvolvemento da custodia do territorio, tanto a nivel rexional como europeo unha vez que o proxecto LandLife remate en decembro de 2014.

A Declaración está dispoñible en inglés, catalán, español, francés, italiano, éuscaro e agora en galego

Quen pode asinar a Declaración?

A Custodia do territorio implica unha ampla gama de partes interesadas na conservación da natureza a través de acordos voluntarios con organizacións de custodia do territorio, o que reflicte a corresponsabilidade que todos temos na conservación da natureza. Dacordo con este principio, abrimos a Declaración a todos. As organizacións públicas e privadas, propietarios/as de terras, empresas, usuarios/as da terra e as persoas individuais poden unirse á Declaración de Barcelona.

Como asinar a Declaración

Durante a súa presentación oficial o pasado 07 de novembro 2014, a Declaración foi asinada por XCT, Eurosite, Legambiente, Conservatoire d'espaces naturels du Languedoc-Roussillon (CEN-LR), Prysma, Fundació Catalunya de la Pedrera, Deutschen Bundesstiftung Umwelt (DBU), a Generalitat de Catalunya, Fundación Biodiversidad, Foro de Redes e Entidades de Custodia do Territorio e a Asociación Checa de Protectores da Natureza (CSOP).

Abrese a Declaración a novas sinaturas para impulsar este movemento europeo para a conservación da natureza!

. Asinar a Declaración como unha organización (pública ou privada). Aquí.
. Asinar a Declaración como unha persoa individual. Aquí.

Asina a Declaración de Barcelona sobre Custodia do territorio e suma a túa voz a este movemento para coidar xuntos a natureza!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal