ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / A vespa asiática, protagonista da...

02-12-2014

A vespa asiática, protagonista da última sesión do Ciclo documental "A nosa Terra, a nosa Cultura"

O martes 2 de decembro, ADEGA proxectará no Museo Provincial de Lugo ás 20h o documental "A Vespa asiática, unha ameza ambiental", producido polo Concello de San Sadurniño.

Esta sesión audiovisual dará remate ao II Ciclo documental "A nosa Terra, a nosa Cultura" onde se trataron 4 temáticas relacionados co noso patrimonio natural e cultural: os montes comunais, o litoral, os cabalos salvaxes, a agora, as invasións biolóxicas (vespa velutina).

As diferentes sesións do ciclo permitiron a cidadanía intercambiar reflexións e experiencias cos autores dos diferentes traballos documentais e expertos dos diversos eidos sobre os que versaron estas obras.

O ciclo enmárcase dentro do proxecto de ADEGA "Cultura e Territorio" apoiado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.

4ª sesión: Invasións biolóxicas. A Vespa velutina.

Nesta 4ª e derradeira sesión do II ciclo documental "A nosa Terra, a nosa Cultura", a obra a proxectar será: "A Vespa asiática, unha ameaza ambiental", producida polo Concello de San Sadurniño, coa colaboración da Asociación Galega de Apicultores.

Sinopse;: Documento audiovisual co que o Concello de San Sadurniño quere alertar sobre a invasión deste insecto que está a proliferar tanto a comarca como no resto de Galicia. Como diferenzala das vespas autóctonas, como crían, como se propagan e, sobre todo, de que maneira se pode loitar contra delas, son só algúns dos contidos do video de 18 minutos gravado con intervencións de veciños e veciñas e tamén de representantes do mundo da apicultura.

Charla-coloquio

Como en sesións anteriores, tras a proxección haberá unha charla-coloquio entre o público e as persoas convidadas especialistas na temática. Nesta ocasión convidamos a falarnos deste problema ambiental a:

  • Xesús Asorey. Secretario técnico de AGA e membro de ADEGA.
  • Isabel Goti. Apicultora e técnica da Casa do mel de Goente.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal