ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Nova proxección do ciclo documental...

09-07-2014 / Lugo

Nova proxección do ciclo documental "A nosa terra, a nosa cultura"

Este mércores 9 de xullo, ADEGA proxectará no Museo Provincial de Lugo ás 20h os documentais "Dúas pitas" e “Vacacións” de WalkieTalkie Films. Posteriormente haberá unha charla coloquio con Beatríz Rodríguez, colaboradora da peza audiovisual e Alexandre García vogal de litoral de ADEGA.

Ciclo de documentais "A nosa terra, a nosa cultura"

II Sesión documental

ADEGA promove este ciclo por segundo ano consecutivo dentro da campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio". Trátase dun cine-fórum no que expoñen traballos audiovisuais galegos que dificilmente poden ser vistos nas canles habituais e que teñen que ver co noso patrimonio natural ou cultural.

As diferentes sesións do ciclo permitirán a cidadanía intercambiar reflexións e experiencias cos autores dos diferentes traballos documentais e expertos dos diversos eidos sobre os que versan estas obras, creando deste xeito, un espezo de análise e debate do que extraer conclusións e novas vías de acción, de dinamización do rural e de defensa da nosa cultura e territorio.

"Dúas pitas" e "Vacacións": filmes que se van proxectar

Fotograma de Vacacións

Nesta segunda sesión do ciclo documental as obras a proxectar serán:

  • "Dúas pitas" de WalkieTalkie Films.
  • “Vacacións” de WalkieTalkie Films.
"Dúas pitas" é unha conversa entre dúas xeracións na que, nun breve espazo de tempo, se extrae un diálogo rico en simbolismo e contido sobre as distintas formas de ver o mundo.

"Vacacións" é un documental experimental que explora o mito occidental das vacacións de verán. A película captura ritos sociais estivais tal e como acontecen na particular rexión de Galicia, que foi retratada na literatura como unha terra de surrealismo e vida salvaxe. Preséntase un relato colectivo a través de episodios curtos, nun estilo similar ao de un álbum fotográfico. O filme navega entre o relato íntimo e o documental observacional, funcionando á vez como experiencia sensorial e como reflexión sobre ciclos, rituais, repetición e a tensión entre as nocións da liberdade e a emulación.

Charla-coloquio

Póster de Vacacións

Charla-Coloquio:Tras as proxecións haberá unha charla coloquio entre o público e os autores dos documentais, ademais de persoas convidadas que incitarán á reflexión en cada un dos temas tratados nas pezas audiovisuais. Intervirán desta volta:

  • Beatríz Rodríguez. Colaboradora de “Vacacións”.
  • Alexandre García. Vogal de Litoral de ADEGA.

Este Ciclo Documental conta co apoio e patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal