ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Roteirríos de Primavera 2014: Río...

12-04-2014

Roteirríos de Primavera 2014: Río Tambre e Devesa de Nimo

O Roteirríos de primavera estará adicado desta volta a coñecer o río Tambre e a flora nemoral que nestas datas agroma nas súas beiras.

Visitaremos a Devesa de Nimo e o Esteiro do Río Tambre, lugares de interese comunitario da Rede Natura 2000, e coñeceremos a súa biodiversidade.

Programa

10.30 Encontro na Central Eléctrica do Tambre
11.00 Presentación e roteiro até a Devesa de Nimo.
14.30 Xantar no xardín da central
16.00 Visita ao Esteiro do Tambre
17.30 Observación de aves
19.00 Remate da actividade

Traer calzado cómodo, auga e comida

Información e inscricións

Web: www.proxectorios.org

Mail: ramses@adega.gal

Telemóvel: 616 23 80 50

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal