ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Campo de voluntariado no Río Tea

Do 16-06-2023 ao 18-06-2023

Campo de voluntariado no Río Tea

ADEGA impulsa unha nova actividade de voluntariado ambiental para os días 16, 17 e 18 de xuño no río Tea, ao seu paso polo Concello de Mondariz. A estancia terá lugar no Albergue Alentea.

Nesta zona continuarase cos traballos de eliminación das especies Acacia dealbata, Acacia melanoxylon, Phyllostachys spp., Phytolacca americana, Robinia pseudoacacia e Crocosmia x crocosmiiflora nun espazo de elevado valor ecolóxico.

Ademais, a actividade está encamiñada tamén a seleccionar as metodoloxías de eliminación de especies invasoras máis adecuadas para abordar futuras actuacións de restauración fluvial.

Para inscribirse, é necesario cubrir o formulario adxunto e envialo a maria.amigo@adega.gal (teléfono: 628 378 804). Anímate!

Programa

VENRES, 16 DE XUÑO

18:00 h Recepción do voluntariado no Albergue Alentea
19:00 h Formación sobre a problemática das especies invasoras. Xestión ambiental das EEI en espazos fluviais: liñas de actuación e mecanismos de control
21:00 h Cea
22:00 h Tempo de lecer

SÁBADO, 17 DE XUÑO

9:00 h Almorzo
10.30-13.30 h Traballos de eliminación
14:00-15:30 h Xantar de campo e descanso
15:30-18:00 h Continuación dos traballos de retirada e regreso ao albergue
21:00 h Cea
22:00 h Tempo de lecer

DOMINGO 18 DE XUÑO

10:00 h Almorzo
11.00 Posta en común e avaliación do traballo realizado
13.30 h Visita á casa reitoral de Barciademera
14:00 h Xantar de campo
15:00h Ruta polo río Alén
18:00 Despedida e peche do campamento de voluntariado

Proxecto Fluviatilis

As actividades, tanto de xestión e control de EEI como de educación ambiental, sensibilización e voluntariado dirixidas a diferentes públicos, son unha das propostas do proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto. Demográfica (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal