ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea

Do 05-05-2023 ao 07-05-2023

Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea

Continuamos este ano cos Campos de Voluntariado para a eliminación de EEI no río Tea.

Será a fin de semana do 5, 6 e 7 de maio.

Realizaremos labores de seguimento da presenza de flora exótica invasora nos 3 Km de río que ten custodiados o Proxecto Ríos, eliminanado as manchas de Acacia dealbata e A. melanoxylon que rebrotaran dende o anos anteriores. Tamén miraremos noutras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os prosibles rebrotes de bambú, tintureira, tritonia ou garrapatón.

O voluntariado terá cubertos os gastos de aloxamento (Albergue Alentea), manutención, contará cun seguro de accidentes e disporá da ferramenta axeitada.

As prazas son limitadas e é preciso inscribirse.

Envía a Ficha de Inscrición a: itziar@adega.gal ou chama aos teléfonos: 981 57 00 99 / 699 217 310

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal