ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Campo de Voluntariado Ambiental no Río...

Do 10-03-2023 ao 12-03-2023

Campo de Voluntariado Ambiental no Río Tea. ADIADA

ADIADA!


Realizaremos labores de seguimento da presenza de flora exótica invasora nos 3 Km de río que ten custodiados o Proxecto Ríos, eliminando manchas de Acacia dealbataA. melanoxylon ou Phytolacca americana, entre outras.

Tamén miraremos noutras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os posibles rebrotes.

O voluntariado terá cubertos os gastos de aloxamento (Albergue Alentea), manutención, contará cun seguro de accidentes e disporá da ferramenta axeitada. As prazas son limitadas. É preciso inscribirse.

Xa podes anotarte ao campo de voluntariado enviando a ficha de inscrición a ramses@adega.gal 
ou chamando ao 616 23 80 50

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal