ADEGA

Inicio / Axenda / Outras actividades / Manifestación en defensa do monte...

15-10-2022

Manifestación en defensa do monte veciñal

O sábado, 15 de outubro, Compostela acollerá unha manifestación en defensa do monte veciñal convocada pola ORGACCMM, cun obxectivo principal: unha lei de montes veciñais ao servizo da veciñanza comuneira e da sociedade galega. Acude a esta marcha para apoiar o proxecto de lei de montes veciñais contida na Iniciativa Lexislativa Popular que pula polos seguintes dereitos:

  • O recoñocemento do monte veciñal como unha titularidade mais, distinta e en pé de igualdade coas titularidades públicas e privadas.
  • O reforzamento do carácter xermánico dos montes veciñais en man común.
  • Considerar á veciñanza como único requisito para ser titular destas terras comunitaria.
  • Impedir todo tipo de expropiación dos montes veciñais.
  • Considerar como aproveitamentos e usos dos montes veciñais todos os que se den nos mesmos.
  • Capacidade de decisión da veciñanza comuneira para pór en valor as súas terras comunitarias.
  • Declaración como nulos de pleno dereito de todos os actos de ocupación e usurpación ,así como das súas posteriores transmisión ,que se fixeran de xeito ilegal .
  • Declaración dos montes veciñais en común como figuras de protección ambiental e cultural en si mesmos .

ADEGA convídate a participar e a asegurar o futuro dos montes veciñais fronte as ansias privatizadoras da Xunta, a voracidade dos especuladores, o espolio eólico e os lumes forestais. Para máis información descárrega o díptico da ORGACCMM.

A marcha sairá ás 12:00 horas desde a estación do tren de Santiago.
Para que non nos rouben nin se privaticen os montes veciñais!

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal