ADEGA

Inicio / Axenda / Educación ambiental / Limpeza de Praias na Praia de Bens, A...

17-09-2022

Limpeza de Praias na Praia de Bens, A Coruña

O vindeiro sábado, 17 de setembro, con motivo do Día Mundial da limpeza de Praias, proclamado pola organización The Ocean Conservancy, cuxa orixe tivo lugar na campaña internacional de limpeza de costas “International Coastal CleanUp”, que se celebra en 150  países de todo o mundo. Esta primeira limpeza celebrarase na praia de “Bens”, onde se fará tamén unha caracterización do  lixo atopado.

Esta actividade pertence ao convenio denominado “Preservación dos mares e ríos. Limpezas ecolóxicas”,  que ADEGA ten co Concello dde A Coruña.

ADEGA realizará ao longo deste último cuadrimestre de ano varias actuacións de limpeza ecolóxica en ríos e praias da Coruña, coa colaboración altruísta de voluntariado ambiental. 

Para anotarte a actividade debes mandar un correo a itziar@adega.gal ou chamando ao 699.217.310

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal