CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
O sábalo e a saboga son dúas especies migratorias anádromas, con reprodución fluvial e fase de crecemento mariño, onde pasan a meirande parte da súa vida. A pesares da importancia desta fase, aínda se descoñecen moitos aspectos, como de distribución bioloxía e ecoloxía. Para paliar este déficit xorde o proxecto 1MARDEALOSAS.
CERNA Nº 85 - Especial Vaga Eólica I
Páx. 15-17
Os humidais costeiros desempeñan un papel esencial na conservación da biodiversidade, pero tamén no control da calidade das augas de baixa profundidade da costa e como sumidoiros do CO2 atmosférico, funcións estas non sempre recoñecidas. Malia a súa importancia ecosistémica, no contexto global, pero tamén galego, ao longo das últimas décadas asistiuse a unha sistemática destrución dos humidais, retrocedendo estes en máis dun 50% en toda Europa.
CERNA Nº 85 - Especial Vaga Eólica I
Páx. 18-20
“Coida os mares, coida a vida” é o nome da campaña que a Área Medio Rural, do Mar e Mocidade, da Deputación de Lugo, levou adiante en colaboración cos concellos de Barreiros e Ribadeo e a asociación ecoloxista ADEGA. O obxectivo foi poñer en valor o respecto pola biodiversidade animal e vexetal do litoral da provincia para poder conservar e utilizar de xeito sustentábel os recursos mariños.
CERNA Nº 85 - Especial Vaga Eólica I
Páx. 21-23
Os hábitos de produción e consumo actuais provocan a acumulación de residuos plásticos nos ecosistemas a un ritmo alarmante. A presenza de microplásticos no medio mariño representa un problema especialmente grave debido ao seu pequeno tamaño e ubicuidade. Estas partículas poden ser facilmente inxeridas pola fauna, ao tempo que absorben e concentran compostos tóxicos presentes na auga circundante, transferíndoos á cadea trófica. Todo isto evidencia a necesidade urxente de atopar solucións eficientes que permitan xestionar a contaminación por microplásticos.
CERNA Nº 83 - Electrointensivas con data de caducidade
Páx. 22-24
As augas galegas son un escenario no que se producen numerosos e diversos tipos de interaccións entre os cetáceos e a actividade pesqueira. Contamos cunha comunidade de cetáceos composta por máis de vinte especies, que comparte o seu hábitat cunha moi numerosa e variada flota pesqueira, á que pertencen o 85% dos barcos que faenan nas augas do caladoiro Cantábrico Noroeste. O Proxecto VIRADA, en activo desde 2019, aborda esta relación e busca reducir a mortalidade por captura accidental en artes de pesca da toniña e o arroaces.
Páx. 31-32
Artigo sobre os antecedentes históricos respecto ós coñecementos respecto á sardiña. Os coñecementos empíricos derivados das observacións das xentes do mar víanse afectados polas presións das industrias conserveiras. O resultado era unha elevada confusión sobre o ciclo vital da sardiña. O tenente de navío Fernández Florez defendeu a persistencia da veda polo ano 1885, facendo fincapé na necesidade de coñecer o ciclo vital desta especie.