Revista CERNA

Artigos de Conservación e biodiversidade. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

A diversidade de aves ao longo de 37 anos no Courel

María Losada, Luis Salaverri, José Guitián e Mar Sobral

CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II

Páx. 35

As aves son excelentes indicadores de biodiversidade porque as tendencias das súas poboacións son moi sensibles aos cambios ambientais. O estudo do artigo explora como a diversidade de aves cambiou entre 1977 e 2014, en 5 sitios das montañas do Courel. Atopa que o número de especies de aves non cambiou despois de 37 anos, aínda que oito especies variaron na súa abundancia. Así, o estudo amosa que as aves poden manterse en áreas naturais ben conservadas.

As "capturas incidentais" de zamborcas pola flota costeira de Galicia: o proxecto 1MARDEALOSAS

David José Nachón, Rufino Vieira-Lanero, Sandra Barca Bravo, Alejandro Pico, María del Carmen Cobo e Fernando Cobo

CERNA Nº 84 - Eólica mariña, unha alternativa?

Páx. 14-17

O sábalo e a saboga son especies anádromas moi parecidas, con reprodución fluvial e fase de crecemento mariño. Aínda que non son obxecto de pesca comercial, o seu comportamento gregario, formando cardumes, fai que sexan capturadas frecuentemente no medio mariño de maneira “incidental” entre as “capturas intencionadas”; feito que leva comprobándose dende hai varias décadas nas lonxas galegas. O proxecto 1MARDEALOSAS xorde coma unha oportunidade para avaliar o impacto desta actividade sobre as especies indicadas e ampliar o coñecemento da súa ecoloxía e distribución. Desenvolvido no medio mariño galego, os resultados permitirán establecer políticas e plans de xestión eficaces para a súa protección e conservación.

Emtrevista a José Luís López, presidente da Comunidade de Montes de San Martiño de Vilaboa

Redacción Cerna

CERNA Nº 84 - Eólica mariña, unha alternativa?

Páx. 18-19

A comunidade de Montes de San Martiño, nas inmediacións do Lago Castiñeiras, no concello de Vilaboa, está a acometer un intenso programa de deseucaliptización dos seus montes, con máis de 20 Ha en 2018 e continuación nos anos seguintes. As actuacións, segundo nos explica o seu presidente nesta entrevista, teñen o obxectivo principal de preservar os mananciais e van acompañadas de reforestación, micorrización para a produción de níscalos e boletus, o aproveitamento de castañas, e a posta en valor do patrimonio cultural.

Editorial

Cerna/Redacción

CERNA Nº 11 - -

Reflexión sobre diversos temas de natureza medioambiental que afectan á sociedade: o incremento da artificialidade do entorno, o impacto do Plan de Costas sobre as mesmas, a homoxenización que supón as concentracións parcelarias, así como a contaminación que produce a incineración de residuos promovida pola Xunta.

A concentración parcelaria a debate

Cerna/Redacción

CERNA Nº 11 - -

Páx. 11

Artigo introductorio á problemática da concentración parcelaria, que é un dos eixos centrais deste número da revista.

As concentracións parcelarias: unha arma de destrucción

Carlos Vales

CERNA Nº 11 - -

Páx. 12-13

Reflexión sobre a destrucción sobre o medio ambiente que causan as concentracións parcelarias, facendo ademáis unha análise de onde, como e para que estaría xustificada esta práctica, condicións que normalmente non se cumplen.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal