Revista CERNA

Artigos de Residuos. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

A suba da taxa do lixo por SOGAMA, unha oportunidade para mellorar a actual xestión?

Cerna/Redacción

CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel

Páx. 6-8

A suba da taxa do lixo por parte de SOGAMA, nun 34% e de golpe, maniféstase como unha inxustiza máis que agravará as economías dos concellos e da cidadanía. Aquí expóñense algunhas das alternativas que andan a artellar os concellos máis críticos.

Decathlon pensa en verde. Un exemplo de boas prácticas ambientais en comercios

Irene Varela Vila

CERNA Nº 71 - Outra xestión do lixo é posíbel

Páx. 12

Pensa en verde” é unha iniciativa que comezou na tenda de Decathlon A Coruña, aos poucos meses da súa apertura, para adquirir eficiencia e avanzar cara a un desenvolvemento máis sustentable, co aforro de auga, luz e a xestión separada dos residuos.

A xestión do lixo: Situación na Galiza e noutras áreas do Estado español

Manuel Soto

CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis

Páx. 16-19

Neste artigo revisamos os modelos e os resultados da xestión do lixo en diferentes ámbitos do Estado español. A recollida separada encóntrase hoxe xeralizada a través de sistemas que segregan 4 ou 5 fraccións diferenciadas. Os modelos de 4 fraccións baseados na separación dobre húmido-seco e as recollidas monomateriais de papel-cartón e vidro (Córdoba, Montejurra (Navarra), Barbanza, Nostián) atinxen recuperacións no rango do 13 ao 28% do lixo en materiais reciclábeis e do 8 ao 20% do lixo en materia orgánica compostábel, con valores globais do 30-35% en masa. Os modelos que prescinden da recollida separada da materia orgánica, como SOGAMA ou Pamplona, reciclan entre o 8 e o 22%, mentres que entre o 68 e o 90% dosresiduos municipais recóllense mesturados e sen posibilidades de recuperación. Os modelos de recollida porta a porta, de aplicación en moitos concellos cataláns (e máis recentemente tamén en Euskadi), segregan igualmente 4 ou 5 fraccións, mais con resultados moi superiores en cantidade e calidade. Entre os ámbitos estudados, Barbanza mostra os mellores resultados e SOGAMA, os peores.

A ILP contra a incineración, semente de futuro

Xosé Manuel López Fernández

CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man

Páx. 24-25

A Iniciativa Lexislativa Popular a prol da redución, reutilización e reciclaxe en Galiza, e en contra da incineración, non pasou a aprobación do Parlamento galego. O PP votou negativamente e a oposición (BNG, AGE e PSdeG-PSOE) votou a favor. Pese a que non se acadou o obxectivo final, este artigo presenta a ILP como un símbolo de esperanza ante o a futura prohibición da incineración como principal tratamento dos residuos sólidos urbanos na Galiza. A Comisión promotora do texto lexislativo asevera que o esforzo mereceu a pena e que é necesario insistir e perseverar.

Lodos de depuración. Alternativas de xestión e sustentabilidade

Xosé Antonio González Ferreira

CERNA Nº 51 - .

Páx. 28-31

Como consecuencia das diferentes actividades humanas xéranse unha serie de augas residuais que representan para a colectividade un perigo sanitario e ocasionan un grande problema para a súa eliminación. Os elementos contaminantes e a súa concentración dependen da orixe das augas e varían ao mesturárense unhas augas con outras.É preciso un plano de residuos galego onde a xestión dos residuos orgánicos se conciba de maneira global e integral, aproveitando as posibilidades e beneficios que a combinación de diferentes tipos de residuos pode ter. Nunha terra coma a nosa, coas necesidades evidentes de materia orgánica para manter os niveis de fertilidade e prever a erosión, non se concibe que non se dedique un mínimo de reflexión ao aproveitamento de residuos orgánicos.

Macropolígono industrial do lixo en Carballeda de Avia

Luís Díaz Cabanela

CERNA Nº 52 - .

Páx. 13

Actualmente todas as plantas de tratamento de residuos están situadas no norte. É evidente que hai que dar unha solución aos residuos do sur, mais non compartimos o anuncio da Consellería de crear un “macro-polígono industrial do lixo”, que eufemisticamente chaman “Parque Medioambiental de Galiza”. Leváronse a cabo propostas como a creación de plantas de compostaxe comarcais e rexeitáronse outras técnicas como a incineración tradicional. O Ribeiro debe ter a súa planta de compostaxe, o mesmo que Vigo, Pontevedra e Ourense, pero Carballeda de Avia non é o lugar axeitado para o tratamento de refugallos industrias, xa que non garda a distancia regulamentaria ás poboacións, ademais de estar xusto ao carón da captación de auga potábel de Ribadavia.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal