Revista CERNA

Artigos de Roteiros ecolóxicos. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Roteiro pola Serra do Candán

Martiño Narcellas

CERNA Nº 32 - -

Páx. 38-40

A Serra do Candán, un dos principais espacios da media montaña galega, conta cun patrimonio natural, arquitectónico e etnográfico importante e en bo estado de conservación que hoxe se atopa seriamente ameazado. No momento de escribir estas liñas, un 40% dos seus planos altos están a ser arrasados pola construcción de dous parques eólicos, que neste caso poden considerarse ambientalmente negativos. Estas obras son producto dun plan eólico galego, que ao entender do Movemento Ecoloxista Galego, promove dous tipos de parques: os "constructivos" e os "destructivos". Os primeiros poden ser entendidos como unha enerxía de menor impacto que outros sistemas de producción enerxética (centrais térmicas, encoros...), e que polos tempos climáticos que corren é necesario promover. Os "destructivos" son aqueles que teñen unha incidencia ambiental sobre o medio incompatible coa súa conservación; están normalmente promovidos en espacios de elevado valor natural, na maior parte dos casos recoñecidos oficialmente coma "espacios naturais protexidos". A súa incidencia negativa no medio supera os beneficios que para o medio ambiente teñen.

Roteiro pola Serra do Faro

-

CERNA Nº 33 - -

Páx. 39

Breve intoducción pola Serra do Faro que se encadra entre as comarcas do río Arnego e as chairas de Chantada.

O Monte do Pindo

Francisco X. Fernández Naval

CERNA Nº 35 - -

Páx. 19-21

Non é posible, neste espacio, afondar nos valores patrimoniais, históricos, paisaxísticos, naturais ou emocionais que alberga este enorme macizo de rocha que se ilumina co crepúsculo e que a xente denomina O Pedregal, este labirinto que engana a quen o contempla de lonxe, ofrecéndoselle como unha masa de pedra sen fisuras, monótonoa e inaccesible e que semella non albergar máis vida que as fendas sombrizas e o aire que o acolle.

Volvendo ao río Mero natural

Rafael Sánchez-Fernández e Xacobe Meléndrez Fassbender

CERNA Nº 36 - -

Páx. 22-23

O Río Mero, que forma a Ría do Burgo, áchase ameazado por un agresivo proxecto de canalización que convertiría o río en canle, destruiría o bosque de ribeira e eliminaría a ría, meandros e pontes. Para loitar contra este proxecto constituíse a plataforma "Río Mero Natural" (www.riomero.org). Entre as múltiples actividades desenvolvidas pola plataforma figura a realización dun roteiro para divulgar a riqueza patrimonial do río Mero no tramo que podería ser canalizado.

Polas fervenzas do Ulla

Ramsés Pérez

CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo

Páx. 26-27

Este roteiro sitúase no centro de Galiza, na zona máis occidental da Comarca da Ulloa, País do Alto Ulla como a denominou Otero Pedrayo, conformada polos concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei. Os dous percorridos Ramil- Fradegas e Fradegas -Ramil que se describen aquí, xunto con outras variantes como Fradegas-Pambre, xa teñen dado a coñecer a centos de persoas este lugar único e irrepetíbel.

Ribeiras do Sil e Serra da Enciña da Lastra

Xurxo Mouriño

CERNA Nº 46 - Especial: A pegada ecolóxica de Galiza

Páx. 24-26

Na extrema administrativa da Galiza, na comarca de Valdeorras, encontramos un dos espazos naturais máis singulares, descoñecidos e espectaculares do país: a serra da Enciña da Lastra. Declarada recentemente como Parque Natural (2002), podería ser contemplada como a continuación cara o sureste das serras do Courel e do Piornal, vindo a morrer no Sil. O río desta serra, polo que a paisaxe actual presenta numerosas paredes de calcarias de decenas ou mesmo centenas de metros de precipicio, así como a máis ampla e espectacular rede cárstica de covas ou simas de Galiza, coñecidas coma "palas" na localidade. Aínda que pareza incríbel, estas rochas, creadas a partir de depósitos de estruturas calcarias de organismos mariños, proceden de fondos oceánicos da época Paleozoica, cando o mar cubría estas terras; aínda hoxe é posíbel localizar fósiles destes animais.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal