Revista CERNA

Artigos de Recursos. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Explotación "Obrajero-Forestal" na Arxentina

Ariadna Laura Guaglianone

CERNA Nº 33 - -

Páx. 33-35

Entre 1906 e 1915, Santiago del Estero producíu 20.700.000 travesas, coas que se construíronm 1.600 quilómetros de camiños de ferro. A magnitude de devastación forestal evidenciouse a través da degradación das tres cuartas partes da superficie ocupada polos bosques da provincia. Das 10.792.200 hectáreas de bosque existentes a comenzos do século, só quedaban no ano 1943 unhas 700.000. Explotouse o bosque chaqueño pensando que era inextinguible. Taláronse árbores de todas as idades sen unha política de reforestación, o que conduciu á degradación dos recursos forestais. Lamentablemente, aínda na actualidade se continúa con este modelo de explotación irracional. A explotación dos recursos forestais foi xerando danos irreversibles na productividade dos ecosistemas naturais, impedindo o desenvolvemento dunha parte importante do seu potencial productivo e obstaculizando as alternativas sociais de organización dun proceso productivo máis igualitario, equilibrado e sostible.

Pesca sustentábel

Raúl García

CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS

Páx. 61-63

Tras anos intentando mudar as políticas pesqueiras europeas, presentouse en Maio o primeiro informe para unha nova política reguladora. a súa campaña pola reforma radical da PCP, recibiu o apoio de ADEGA, FEG E OEA. As propostas do comisario de pesca, espertaron un forte rexeitamento nalgúns países, entre eles Galiza, ao consideralas excesivas e conservacionistas. Facemos memoria e aportamos ideas.

Patrimonio xeolóxico II

Fins Eirexas

CERNA Nº 38 - -

Páx. 15-16

Continuamos coa segunda parte dun artigo que iniciamos no número 36 de CERNA, destinado á divulgar a necesidade de políticas de protección, conservación e xestión do patrimonio xeolóxico. na primeira parte repasábanse os conceptos de patrimonio xeolóxico, xeodiversidade, xeorecurso cultural e xeoconservación, considerados homólogos aos de patrimonio biolóxico, biodiversidade, biorecursos culturais, e bioconservación, pero non incluídos nestes, para continuar cunha breve referencia á situación legal e ao escenario galego. Nesta segunda parte, o autor subliña o papel que deben cumprir unha futura estratexia galega para a conservación da xeodiversidade e o urxente inventario de xeorecursos culturais nesas políticas de xestión e conservación, no contexto da situación estatal e das iniciativas e tendencias europeas ou internacionais.

As canteiras de Toén

David Fernández, Manuel Fernández

CERNA Nº 38 - -

Páx. 18-19

A historia que vos imos contar, aínda que escándalosa, non é de ciencia ficción senón que acontece no século XXI, nin nun lugar recóndito pois é un concello limítrofe co de Ourense, Toén, ao lado dun dos espazos máis transitados da Galiza, pola autovía A-52, entre a cidade e o viaducto de Barbantes, onde podes seguir cara Vigo ou ben torcer á dereita para ir a Pontevedra.

Por petróleo mátase

Xosé María García

CERNA Nº 38 - -

Páx. 38-39

O petróleo lévanos alegremente cara o abismo dunha crise global ecolóxica da que derivarán múltiples enfermidades, mortes e conflitos por mor da perda de colleitas e terra fértil, a escaseza de auga, o gran número de contaminantes, as catástrofes naturais...e un longo etcétera que analizamos brevemente no seguinte arquivo.

Recursos 80

Ramsés Pérez

CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego

Páx. 4

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal