Revista CERNA

Artigos de Protección animal. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Todos os cans deben ser identificados con microchip

Entrevistado por Isabel Kerdudo

CERNA Nº 58 - Crónica: O incerto futuro de ENCE en Galiza

Páx. 41

Xosé Luis Riveiro traballou en Euskadi como Xefe de Urxencias nun Hospital Veterinario antes de se encargar dun proxecto de I+D para pór en marcha un número 112 na Comunidade de Madrid. Na actualidade é propietario da empresa de servizos veterinarios Servet e responde ás chamadas ao 092 da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela para atender os animais soltos ou feridos na vía pública.

“Galiza, mellor sen touradas”

Isabel Kerdudo

CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades

Páx. 42

As touradas nunca foron unha tradición galega de seu, mais nos últimos anos estamos a ver en certas vilas o auxe deste tipo de eventos, destacando as de Sarria, Pontevedra ou A Coruña. A asociación de protección animal ABEIRO, onde Susana Romero é presidenta, a par que ADEGA, forman parte da plataforma Galiza, mellor sen Touradas, que está a realizar unha intensa labor pola prohibición deste tipo de festexos. O apoio cada vez maior da sociedade a esta causa, conscientes do sufrimento do touro, é crucial para conseguir a disolución completa das touradas no noso país. Nesta entrevista daranse as claves para conseguilo.

Entrevista a Carme Seoane Paredes

Isabel Kerdudo

CERNA Nº 60 - Sentenzas Xudiciais: Caso Rinlo

Páx. 45

“Capturar, esterilizar, soltar”Nos concellos existen cada vez máis campañas de control das colonias de gatos de rúa coa colaboración de asociacións protectoras como Gatocan, Agata, JatiCan, Proxecto Gato ou Aldea Felina. Nalgúns casos, mesmo colaboraron veterinarias procedentes de Holanda. No Estado español, cidades como Valencia son desde hai 20 anos pioneiras na materia, con equipos de 200 voluntarios que se tornan para as alimentaren e vixiaren. A presenza de colonias de gatos pode xerar conflitos, chegando mesmo a seren denunciadas as persoas que coidan deles. Sirva de precedente a sentenza que absolveu a unha persoa acusada de alimentar gatos da rúa na Coruña, facendo valer a Lei de Protección Animal por riba dunha ordenanza municipal. No Concello de Compostela estase a lanzar a campaña “Capturar, esterilizar e soltar” coa colaboración de Abeiro e de ADEGA. Carme Seoane Paredes, veterinaria da Clínica CANCAT, é unha das colaboradoras do proxecto.

O cormorán grande, vitima ou verdugo?

David Álvarez e Ignacio Munilla

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Páx. 24 - 25

O descenso nas capturas de salmóns nos ríos asturianos nos últimos tempos, deron lugar a que este colectivo cargase contra o cormorán grande como o culpable, esta especie que estivera durante 50 anos considerada como especie en perigo de extinción, deixou de estalo, debido a estas presións e a un claro aumento no número de individuos que ten a especia, no ano 2005 comezaron a permitirse descastes, morreron centos de individuos da especie e tras observar a cantidade de salmón que comeran, comprobouse que o salmón non superaba o 7 % de media nas aves asasinadas. Ante esta situación os pescadores deberían darse conta de que as causas das baixadas nas capturas non son estas aves, o máis probable e que os propios humanos sexan os culpables do descenso dos salmóns nos ríos.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal