Revista CERNA

Artigos de Forestal e montes. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

A proposición: unha base para a política forestal

Carlos Vales

CERNA Nº 1 - -

Páx. 8-10

Mellora da Política Forestal Galega: a protección da natureza, a producción de recursos e o uso social do espacio agrario.

Por un aproveitamento integral do monte

Marisa Castro e Luis Freire

CERNA Nº 1 - -

Páx. 11-12

Castro e Freire achégannos información sobre un óptimo aproveitamento do monte de xeito que o impacto ambiental sexa menor.

Un modelo económico diferente para o bosque

Joaquím Fernández Leiceaga

CERNA Nº 1 - -

Páx. 13-14

O apoio a especies autóctonas, a diversificación e o uso múltiple de recursos, como modelo económico do uso do bosque repectando a sua riqueza.

Os incendios, unha referencia necesaria

Xesús Pereiras López

CERNA Nº 1 - -

Páx. 19-23

Manter unha politica forestal ecolóxicamente axeitada é o mellor xeito de previr os incendios.

A prol da vexetación

Carlos Varela Vázquez

CERNA Nº 1 - -

Páx. 26-27

O bosque tradicional é imprescindible para a supervivencia dun gran número de especies e suministra un gran número de servizos inadvertidos dos que non somos conscientes.

Accións urxentes para mitigar a erosión tras o incendio

Cristina Fernández, José A. Vega e Teresa Fontúrbel

CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais

Páx. 22-25

Para limitar o risco de erosión post-incendio cómpre tomar un conxunto de decisións e realizar una serie de actuacións no menor tempo posible antes de que as primeiras chuvias do outono desencadeen os peores efectos. Unha vez que o incendio foi extinguido, os xestores do territorio teñen que facer fronte a: i) unha avaliación preliminar do impacto causado polo lumenas bacías afectadas; ii) unha estima dos efectos potenciais fóra da área queimada e iii) decidir que actividades post-incendio van ser implementadas, cando, onde e como. Este complexo labor require unha planificación que estableza con claridade os puntos esenciais a considerar, as accións a acometer e a súa secuencia de execución. Nese contexto, os protocolos son instrumentos útiles que axudan a organizar as actuacións. Neste traballo descríbese brevemente como se leva a cabo esa planificación.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal