Páx. 18-19-20-21
Estamos a falar da especie máis conflictuosa da nosa fauna, do animal que provoca máis polémica; xera perdas económicas e, por tanto, odios, temores, resentimento, anguria... Ao mesmo tempo, e máis ben noutra xente, esta especia esperta admiración, respecto, curiosidade... A polémica, apaixonada, está servida.
Páx. 24-25
O trazo máis importante que caracteriza ás plantas acuáticas e das beiras dos cursos de auga é a necesidade de vivir num ambiente permanentemente húmido, o que afecta dun modo directo á súa estrutura e condiciona as súas funcións vitais.
Páx. 26-28
A seguinte reportaxe constitúe a primeira publicación dun proxecto iniciado en 1997 por un grupo dos entonces estudiantes do último ano de bioloxía na Universidade da Coruña. O seu interese polo meio ambiente, engadido a un ambiente de compañeirismo e amizade, así como a relación de camaradería con moitos dos profesores fixo realidade unha idea que aínda non se sabe ben como xurdiu: tentar facer un proxecto común de fin de carreira, multidisciplinar - segundo as afeccións de cada un-nunha área na que todos disfrutamos horas inesquecibles de "ciencia" e lecer. O couto de Chelo.
CERNA Nº 82 - Emerxencia cinexética
Páx. 42-43
Xosé Salvadores fai homenaxe aos "grandes cornudos" do monte galego, os cervos. Nun novo capitulo de flora, Miguens describe a xilbardeira, tamén coñecida como rascacú.
CERNA Nº 81 - Emerxencia climática
Páx. 34-35
Todos son alifafes!, é como titula Xosé Salvadores o seu conto do tío-vivo dedicado ao declive dos insectos. Marga Miguens dedícalle este número ao Arbustus unedo ou érbedo.
Páx. 28-30
Este artigo é continuación do iniciado no número anterior sobre os mamíferos das Fragas do Mandeo, no que fixemos unha descrición xeral dos valores e situación destas fragas. Despois de observa-los animais presentes en Chelo, constátase que se trata dun lugar cunha grande importancia faunística a tódolos niveis, agás pola falta de grandes vertebrados (feito evidente dada a situación e uso da zona). Sinalamos no número anterior a rica fauna de mustélidos que atopa refuxio nesta área. Tamén é importante a existencia do rinolofo grande e do leirón careto especies moi pouco estudiadas.