CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego
Páx. 23-25
O pasado 23 de abril constituíuse en asemblea a nova delegación territorial de ADEGA en Vigo, conformada por socias e socios de Vigo e doutras comarcas do sur de Pontevedra. Esta constitución foi froito de reunións previas motivadas para promover accións en torno á campaña da ILP en defensa do bosque autóctono, e ideouse co obxectivo de impulsar e ampliar o diálogo crítico en temática ambiental na cidade e na súa bisbarra. ADEGA-Vigo vertebrouse en tres eixos de actuación principais: bosque e biodiversidade; auga (ríos e litoral) e cidade sostible, mobilidade e residuos, buscando detectar problemáticas ambientais e organizar accións concretas de resposta.
CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!
Páx. 48-49
O Doutor en Bioloxía e experto en contaminación atmosférica, Ramón Varela Díaz, foi galardoado en 2016 co premio Osíxeno de Honraque outorga ADEGA a personalidades cuxas traxectorias teñan contribuído á defensa ambiental de Galiza. Este premio coincidiu coacelebración dos 40 anos de ADEGA, asociación ecoloxista da que foi presidente na década dos 80 e 90.
CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!
Páx. 50-53
este ano 2017 celébrase o XXV aniversario da CEMMA. Esta efeméride abre un período de reflexión sobre: a calidade do labor feito, aavaliación dos resultados, o valor do esforzo realizado como grupo de traballo específico no estudo, conservación e divulgación dastartarugas e mamíferos mariños; pero tamén deixa aberta á reflexión o futuro da entidade e os obxectivos e traballos pendentes de acadar.
Páx. 6-7
Cerna reflictirá nesta sección a actividade dos diferentes grupos parlamentarios no que atinxe ás súas propostas de conservación e mellora do medio natural. En base á documentación aportada, realízase unha valoración crítica dos contidos de ditas propostas.
Páx. 3-6
A principal argumentación que sustenta a existencia de impostos ecolóxicos é a constatación de que os seus prezos de moitos produtos non reflexan os custos ambientais da súa produción e consumo.
Páx. 5-7
Nesta entrevista realizada a Marc Viader, resólvense certas cuestións: que é o delito ecolóxico e desde cando figura na lexislación española?, por que hai tan poucas denuncias por danos ambientais?, é doado denunciar a unha térmica, por exemplo?