Revista CERNA

Artigos de Ecoloxismo. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

A traxectoria mariña da CEMMA

Alfredo López

CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades

Páx. 15 - 17

As tartarugas e os mamíferos mariños cóntanse entre fauna mariña máis ameaza de supervivencia en todo o mundo. Todas as especies de tartarugas mariñas están en perigo de extinción a nivel mundial. A caza directa levou á extinción da balea basca nas augaseuropeas e ao borde da desaparición dos grandes cetáceos, tamén o impacto doutras actividades humanas manteñen nunha delicada situación a especies tan emblemáticas como os arroaces e as toniñas. Os labores de asistencia aos animais varados, de investigación e de educación ambiental, que puxo en marcha a CEMMA dende o ano 1990 en Galicia, naceron coa vocación de contribuír a conservación das especies.

20 anos da federación ecoloxista galega (FEG). Temos raíces

Anxo Moure, Tino Quintela e Camilo Ojea (membros da FEG)

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Páx. 10 - 11

Na Asemblea do 20 aniversario da FEG, celebrada os pasados 27 e 28 de marzo, presentouse o proxecto Temos Raíces!, unha proposta que pretende recoñecer o traballo realizado pola nosa federación e todos os grupos que a conformaron ao longo da súa historia,investigando, recollendo e poñendo en valor todas aquelas iniciativas, materiais, documentos, recursos de diverso tipo que foron promovidos e creados no noso camiñar. Os autores coordinaron as actividades de presentación deste proxecto, co afán de resumir un sentimento compartido.

As eivas do dereito ambiental en Galiza

Belén Rodríguez

CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación

Páx. 17

No marco das xornadas “Sociedade e Ambiente na Galiza” organizadas por ADEGA e a USC na Escola Politécnica Superior de Lugo,en conmemoración do Día da Terra, celebrouse a mesa redonda “A lexislación ambiental como ferramenta para a defensa do medio ambiente”. A esta mesa redonda asistiron o Fiscal de Medio Ambiente de Galiza, Álvaro García Ortiz, a profesora de dereito ambiental, Alba Nogueira López, e o avogado de ADEGA, Apolinar Gómez Roca. Todos eles afondaron nos instrumentos legais dos que dispón a sociedade galega para facer cumprir a lexislación ambiental e tamén trataron as dificultades existentes para facer que eses instrumentos sexan efectivos.

Nin un paso atrás na defensa do medio ambiente galego

Belén Rodríguez

CERNA Nº 60 - Sentenzas Xudiciais: Caso Rinlo

Páx. 9 - 10

O pasado 21 de novembro, ADEGA celebrou a súa XXXIV Asemblea Xeral baixo o lema “O Ecoloxismo, máis necesario que nunca”, na que fixo repaso das actuacións e actividades realizadas no pasado ano e sinalou as prioridades ou liñas estratéxicas para este 2010. Nesta edición, a organización tamén aprobou a nova composición da Directiva. Adela Figueroa, quen estivo ao fronte da asociación nos últimos catro anos, cesa do cargo de Presidencia que pasa a ser ocupado por Virxinia Rodríguez, ata o momento Secretaria Xeral de ADEGA. A nova presidenta asume esta responsabilidade coa “intelixencia, o compromiso e a independencia que ADEGA veu amosando desde hai 34 anos”.

Movemento social pola protección da Serra do Galiñeiro

Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 30-31

En Decembro de 2011 a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro cumpriu un ano de andadura e continúa cunha intensa actividade para acadar o seu obxectivo principal: a protección legal e efectiva para toda a serra. A motivación para a creación deste movemento social foi a ausencia de protección que teñen os numerosos valores ambientais, xeolóxicos, paisaxísticos, etnográficos, arqueolóxicos e socieconómicos que alberga a serra e as continúas agresións que sofren, pese a que en 1978 a parte sur da serra foi declarada Parque Natural do Monte Aloia, o primeiro de Galiza.

Eira da Xoana: A república ecolóxica do Alto Ulla

Xosé Salvadores

CERNA Nº 66 - Espazos protexidos, baixo mínimos

Páx. 15

Un ano de actividades continuadas converteron as instalacións que ADEGA ten en Ramil, a chamada Eira da Xoana, nun centro de dinamización do Alto Ulla, pero entendedo que foi algo mais. Mais dun milleiro de visitas nun ano cunhas infraestructuras mínimas e situadas no mesmo corazón de Galiza requiriron dun esforzo prolongado, constante e moi entregado por parte dalgúns socios e socias que, co seu traballo voluntario, fixeron posíbel semellante travesía. Do que fixemos neste primeiro ano dá conta o balance de actos que promovemos ou nos que estivemos presentes.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal