Revista CERNA

Artigos de Enerxía e cambio climático. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Electricidade negra

Xosé Veiras

CERNA Nº 36 - -

Páx. 18-20

Tal vez esquecemos demasiadas veces que están aí. O seu impacto ambiental negativo é enorme, pero en parte é global, polo que pode semellar menor do que realmente é. Son as grandes centrais térmicas de carbón de Meirama (Cerceda) e de As Pontes. Nos últimos 25 anos emitiron á atmósfera millóns de toneladas de gases contaminantes para producir electricidade destinada en grande parte a outras zonas do estado español. Son as responsánbeis de que Galiza teña unhas emisións per cápita de dióxido de carbono (CO2), o principal gas de efecto invernadoiro, moi superiores ás que corresponderían ao seu nivel de producción e consumo.

Nucleares: nunca en Galiza

Ramón Varela Díaz

CERNA Nº 37 - NUNCA MÁIS

Páx. 14-16

Despois do grave accidente de Chernobil, a maioría dos países europeos suspenderon os seus programas de instalación de centrais nucleares, asustados das consecuencias do accidente nuclear apuráronse á establecer moratorias nucleares indefinidas e mesmo algúns como Alemaña fixaron a data para pechar e desmantelar as nucleares que estaban funcionando. Todo apuntaba a que tamén no estado espàñol os proxectos nucleares quedaban xa zanxados e que a alternativa nuclear estaría aparcada indefinidamente.

O fracaso das políticas de aforro enerxético

Fernando Blanco Silva

CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo

Páx. 38-39

A enerxía é un problema serio nos nosos días. Nos últimos vinte anos vivimos tres guerras causadas polo petróleo e as empresas enerxéticas cada vez teñen máis forza en todo o mundo. As Crises do Petróleo de 1973 e 1979 fixeron que os países pensaran no aforro enerxético e nas renovábeis coma unha solución para evitar a oleodependencia. A partir dos anos 90 os países con maior consumo comezaron a modificar as súas políticas enerxéticas, con intención de reducilo e promover o uso das enerxías renovábeis, pero estas políticas continúan a fracasar, situándonos diante dun futuro incerto.

Carbón ou cambio climático?

Xosé Vieiras García

CERNA Nº 43 - -

Páx. 32-34

A proposta do goberno central para o reparto dos dereitos gratuítos de emisión de dióxido de carbono, o principal gas causante do cambio climático, entre as industrias suxeitas á directivas europeas sobre o comercio de emisións desatou na Galiza a oposición da Xunta e dos principais sindicatos e forzas políticas. Ao seu xuízo, a proposta sería negativa para Galiza por penalizar as centrais térmicas de carbón. Comprobamos así, o inconscientes que son algúns compromisos co Procotolo de Quioto. Entre o carbón e a prevención do cambio climático hai quen prefire o primeiro, e non só ENDESA ou Unión Fenosa.

Futura térmica de gas natural nas Pontes

Guerrilleiros das Fragas

CERNA Nº 43 - -

Páx. 35

O grupo ecoloxista "Guerrilleiros das Fragas" presentou alegacións ao proxecto de central de ciclo combinado das Pontes. A xuízo dos ecoloxistas das pontes, o proxecto, senón se modifica, sería unha ameaza para o contorno natural e a saúde dos ponteses e pontesas. ENDESA, pretende que esta nova central de 800 MW se sume á existente de carbón, que se reconvertería para queimar só carbón de importación.

A hipótese Gaia e o quecemento global

Adela Figueroa Panisse

CERNA Nº 43 - -

Páx. 38-39

Segundo declarou James Lovelock nunha entrevista concedida á BBC en Xuño de 2004, o cambio climático, a forma de aquecemento global do noso Planeta, está xa instalado entre nós. O Painel Internacional sobre a Mudanza Clima´tica, a autoridade científica mundial na materia, mostrou que, ao analisar un período que abarca os últimos mil anos, apenas durante os últimos 150 o padrón do clima mostra un repentino aquecemento. No día de hoxe o dano é tan serio que "mesmo deténdonosa queima dos combustíbeis fósiles o aquecemento aínda iría continuar por outros 50 anos", asegura Lovelock, quen defende o recurso á enerxía nuclear para previr o cambio climático.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal