Revista CERNA

Artigos de Contaminación. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

DOSIER: A choiva ácida

Redacción/CERNA

CERNA Nº 7 - -

Páx. 17-24

CERNA conta neste artigo con un traballo elaborado por Ramón Varela Díaz, ecoloxista que dedicou varios anos á investigación da choiva ácida na Galiza profundizando neste tema e nas consecuencias que teñen as centrais térmicas no medio.

INFORME: Vivir sen nucleares: unha iniciativa lexislativa popular do movemento ecoloxista e antinuclear do estado

ADEGA

CERNA Nº 2 - -

Páx. 30-34

O peche das centrais nucleares é unha necesidade urxente, o risco de novos accidentes multíplicase día a día, a cantidade de residuos está acrecentando a hipoteca do futuro. A crise ambiental do noso tempo esixe un cambio no modelo enerxético, baseado na participación cidadá en cada nacionalidade e rexión.

MÁIS ACTUALIDADE: Icineración de aceites usados, asunto de protección ambiental

Manuel Soto

CERNA Nº 5 - -

Páx. 5

Os polémicos proxectos de dúas fábricas de recollida e queima de aceite, ubicadas casualmente en zonas de especial importancia ecolóxica.

INFORME ADEGA: Celulosas, o pronunciamento da Comisión Galega de Medio Ambiente sobre EuroGalicia Forestal

Redacción/Cerna

CERNA Nº 3 - -

Páx. 29-34

A Comisión Galega de Medio Ambiente, dependente da Xunta, aprobou en Marzo de 1991 o Estudo de Impacto Ambiental presentado polos titulares do proxecto de celulosa kraft para As Pontes: a autodenominada Eurogalicia Forestal (EF). No acordo da Comisión recóllense as caracteríticas do proceso e fíxanse os topes máximos de emisión de contaminantes que lle serán tolerados a esta empresa.

Celulosas iguais que a de Pontevedra

Ramón Varela

CERNA Nº 1 - -

Páx. 15-18

A presenza de dúas novas celulosas crea un impacto ambiental importante na nosa Galiza. Este impacto modifica a nosa contorna e débese principalmente ao monocultivo do eucalipto primando os intereses económicos.

Contaminación luminosa: outra forma de agresión medioambiental

Salvador Bará

CERNA Nº 76 - Espectáculos con animais

Páx. 34-37

A noite, a escuridade da noite, é unha necesidade fundamental para a vida na Terra. Cada vez é máis frecuente atoparmos gran cantidade de luz en horas nocturnas en lugares que non deberían ser iluminados, con efectos disruptivos directos sobre os organismos, poboacións e ecosistemas. O mal uso da iluminación artificial acaba cun importante elemento do patrimonio inmaterial da humanidade: o ceo estrelado. Para darlle a volta a esta situación precisamos facer un uso intelixente e sostible da luz, respectuoso coa natureza e coas persoas, e mesmo revisarmos a forma de usar novas tecnoloxías como o LED.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal