Revista CERNA

Artigos de Conservación e biodiversidade. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Liñas propias de conservación

Xurxo Mouriño

CERNA Nº 48 - Touriñán

Páx. 19

Xurxo Mouriño, para quen a Rede Natura non ten porque ser a única fórmula de conservación na Galiza, participou no debate central da Asemblea de ADEGA, dedicado á valorar o futuro dos nosos espazos naturais. Velaquí un resumo da súa intervención.

Beneficios e custos sociais na conservación da Rede Natura 2000

Maria Xosé Vázquez Rodríguez

CERNA Nº 48 - Touriñán

Páx. 21-23

O obxectivo da investigación era proporcionar información ampla e relevante para a toma de decisións de xestión daqueles espazos de montaña ecolóxica e socialmente máis valiosos. Os resultados cuantitativos obtidos demostran que a conservación e mellora na calidade dos nosos montes non só é viábel economicamente senón que ademais é socialmente desexábel. Se algo temos de resaltar, é a necesidade, percibida por ambos colectivos -demanda e oferta (propietarios de montes e poboación metropolitana galega)-, dun cambio nas política de desenvolvemento rural que sexa capaz de satisfacer as novas necesidades das sociedades modernas. Neste novo contexto os espazos de montaña poden proporcionar oportunidades de desenvolvemento e mellora na calidade de vida para as persoas das urbes.

A invasión da ameixa asiática en Galiza

Noé Ferreira-Rodríguez

CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego

Páx. 13-15

A ameixa asiática Corbicula fluminea (Müller, 1774) comezou a súa expansión mundial asociada ás actividades humanas a comezos do século XX. Para guiar estratexias de xestión preventivas, a identificación das vías de entrada e dos vectores de dispersión é un factor clave. En conxunto, variables sociais, económicas, ecolóxicas e de gobernación están relacionadas co número de masas de auga invadidas por C. fluminea en Galicia. Para tratar de frear esta e outras invasións biolóxicas, os gobernos aprobaron unha serie de instrumentos lexislativos; sen embargo, aínda teñen que ser aplicados de xeito eficaz.

As libélulas fluviais ameazadas de Galiza

Martiño Cabana e Adolfo Cordero-Rivera

CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego

Páx. 16-18

Entre as especies de insectos protexidas polos convenios internacionais a nivel europeo destacan os odonatos ou libélulas, en xeral, insectos de grande tamaño e coloración rechamante, cuxas poboacións diminúen cando as masas de auga das que dependen se alteran ou desaparecen. A súa estreita ligazón aos medios fluviais convérteos en excelentes bioindicadores da saúde dos nosos ríos.

Catro anos de seguimento do leirón cinsento no Parque Natural O Invernadoiro

Xosé Pardavila, Ramsés Pérez, Adrián Lamosa e Lucía Parente

CERNA Nº 79 - Leirón Cinsento

Páx. 33-35

No ano 2014, ADEGA e Sorex puxeron en marcha un proxecto de seguimento do leirón cinsento (Glis glis) no Parque Natural O Invernadoiro (Ourense) coa finalidade de facer un estudo da especie neste espazo natural. Os resultado do estudo, a día de hoxe, demostran a eficacia da colocación de caixas aniñadoiras.

A custodia do territorio nas Insuas do Miño e os Ollos de Begonte

Martiño Cabana, Roberto Hermida e Óscar Rivas

CERNA Nº 79 - Leirón Cinsento

Páx. 36-39

A Custodia do Territorio móstrase como unha ferramenta eficaz para mellorar o estado de conservación dos espazos naturais de Galicia. Neste artigo, mostramos os traballos realizados nas Insuas do Miño e os Ollos de Begonte, situados no LIC Parga-Ladra-Támoga e na Reserva da Biosfera de Terras do Miño. A xestión do territorio, a investigación e a divulgación dos valores ambientais da zona son os pilares nos que se finca o proxecto.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal