Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " /> Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " />

Artigos de Auga e ríos. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA.

Floración de cianobacterias tóxicas en augas continentais

Fernando Cobo Grandín

CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo

Páx. 24 - 27

Na actualidade moitas masas de auga están a experimentar unha eutrofización de orixe antrópica polo incremento da poboación e das achegas de nutrientes á auga procedentes dos incendios forestais, da agricultura, das augas residuais urbanas, das industrias, da minería, etc. Isto pode favorecer a proliferación masiva ou "floración" (HABs: "harmful algal blooms" ou simplemente "blooms") dos organismos do fitoplancto. As floracións descríbense como incremento da biomasa do fitoplancto moi por enriba do normal.As floracións de Cianobacterias son as máis estudadas e coñecidas xa que producen un efecto letal sobre os diversos organismos, debido ao aumento na produción de metabolitos tóxicos. Trátase dun problema ambiental con repercusións sobre a saúde humana e animal.

Proxecto Ríos: Tomándolle o pulso ao Río Tea

María Xosé Castro Fernández

CERNA Nº 53 - .

Páx. 58 - 59

No mes de outubro tivo lugar o campamento de voluntariado ambiental no río Tea. O programa contou coa colaboración do Ministerio de Medio Ambiente. Súmase deste xeito esta actividade as actuacións que dende o Proxecto Ríos desenrola ADEGA. A finalidade deste programa é dar a coñercer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

A recuperación dos ríos e ribeiras

Benxamín Cela

CERNA Nº 55 - .

Páx. 28 - 29

ADEGA promoveu unha ILP para a protección de ríos e ribeiras, que foi apoiada pola federación Galega de Pescadores, esta foi aprobada en Xuño de 2006, máis permanece agochada porque non se avanza en absoluto na protección das nosas augas. As minicentrais, encoros, cultivos nas marxes do río e vertidos ilegais son unha constante nos nosos ríos sen que ninguén actúe. E por se fose pouco, as iniciativas que se toman dende a administración, nunca teñen en conta as persoas locais e propietarios, que deberían ser os máis implicados cando se trata dun ENP.

Asociación Vaipolorío. Todo en beneficio do río e do seu contorno

Gonzalo Sancho

CERNA Nº 55 - .

Páx. 30 - 31

A asociación Vaipolorío que naceu no ano 2001, despois de que varias asociacións da zona preocupadas polo estado do río gafos decidisen involucrase e crear este colectivo co fin de promocionar, coidar defender limpar e manter o río Gafos, así como todas as actividades que vaian en beneficio do río ou do seu contorno.A asociación está implicada decididamente na Educación Ambiental como unha ferramenta decisiva para a mellora e coidado futuro do río.

As Pontes: un regalo envelenado

Xoán Ramón Vidal Romaní

CERNA Nº 56 - .

Páx. 22 - 24

A nova lagoa artificial que se creou a partir da antiga mina de lignitos de As Pontes agocha un segredo, o xacemento foi preservado nun espazo situado baixo unha enorme falla inversa paralela a Costa Cantábrica. Esta falla activa provoca sismos relativamente frecuentes que non supoñen perigo para a poboación, máis o cambio de sedimentos que había no xacemento por auga cambia as consecuencias do sismo, que serían un pequeno tsunami dentro da propia lagoa. A isto hai que sumar a acidificación de tódalas augas da zona das Pontes xa que a lagoa provocará a recuperación dos antigos acuíferos que intercambiarán auga coa propia lagoa.

A pegada hídrica

Juan Cagiao Villar

CERNA Nº 59 - Mar: do litoral ás profundidades

Páx. 20 - 21

Buscar modelos de desenvolvemento sostíbel que nos axuden a convivir coa natureza é básico, mais estes pasos estanse a dar moi paseniñamente. Un dos elementos dos que máis dependemos, tanto seres como natureza, é a auga. Nos últimos anos, en parte debido á crecente escaseza dente líquido, estase a falar da pegada hídrica das sociedades, isto é, a cantidade de auga que se precisa para o mantemento desa sociedade, tanto o seu uso directo como o seu uso para bens de consumo. Saber os litros de auga que se precisas para producir un tomate, unha prenda de vestir ou un kg de tenreira pode ser fundamental para concienciarnos sobre o uso que lle estamos dando a este escaso ben e por tanto, comezar a preguntarnos que é o que falla e que podemos facer nós para poñerlle freo a esta situación.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal