Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 31 - -

Inverno 2000

CERNA Nº 31 - -

Artigos da revista CERNA Nº 31

Auga: a nova directiva da UE

Manuel Soto Castiñeira

Páx. 9-10

O pasado mes de Setembro aprobou-se o texto final dunha Directiva marco para as políticas da auga na UE. Esta directiva establece un novo modelo de xestión da auga co obxectivo de prevenir calquera nova deterioración dos ecosistemas acuáticos e atinxir como mínimo o "bon estado" de todas augas no horizonte do ano 2015.

Protección aos morcegos

Xavier Vázquez Pumariño

Páx. 12

O plan de selado e clausura de minas antigas e abandoadas ameaza a súa conservación. A empresa adxudicataria do estudio previo do plan da Xunda de Selado e Clausura de Minas Antigas e Abandoadas ignorou totalmente a cuestión de conservación dos morcegos.

Xestión do lixo

María Xosé Vázquez

Páx. 13

Presentámosvos brevementes as respostas obtidas mediante unha enquisa realizada no instituto A Paralaia de Moaña co obxectivo de saber que grao de coñecemento teñen os pais dos alumnos sobre o tratamento do lixo no Concello de Moaña, no Morrazo. Existe un aceptable nivel de coñecemento sobre as alternativas xerais para o tratamento do lixo, pero non así sobre os plans concretos que existen para o Morrazo.

O carballo (Quercus Robur L.)

Xacobe Feijoo Lamas

Páx. 14-15

O carballo (Quercus robur L.), tralo piñeiro do país, é a segunda especie máis abundante de Galicia. Sen contar as superficies onde se mestura con piñeiros e eucaliptos, está presente, de xeito dominante en 195.000 hectáreas, segundo o 3º Inventario Forestal Nacional. Nos últimos 10 anos a súa superficie aumentou en 158.318 hectáreas xunto coas demáis frondosas autóctonas de Galicia.

As xentes do Lérez en loita polo seu río

Roberto Vázquez e Dionisio Pereira

Páx. 16-18

Unión Fenosa pretende recuperar unha vella concesión hidroeléctrica de 1977 que desertizou medio Concello de Cerdedo, e renovala para construir 6 novas "minicentrais" que afectarán aos Concellos de Cerdedo, Campo Lameiro e Cotobade.

Manifesto científico contra as minicentrais hidroeléctricas

Científicos da Universidade de Santiago (USC)

Páx. 19-29

O documento elaborado polos investigadores da Universidade de Santiago, presentouse baixo o título "Síntese de argumentos desestimatorios do plan de explotación hidráulica da rede hidrográfica galega baseándose na degradación que supón dos nosos hábitats naturais e especies que a súa conservación é de interese comunitario", estando constituído por unha Alegación e un Anexo que relaciona un total de 140 minicentrais e as especies de flora e fauna que afectan. Pola importancia do mesmo, Cerna reproduce integramente o texto da alegación e do anexo.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal