Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 80 - Custodia:...

Inverno 2018

CERNA Nº 80 - Custodia: Sobreiral do Arnego

Artigos da revista CERNA Nº 80

Refrixeración ecolóxica baixo presión

Juan Manuel Bermúdez e Socorro Castro

Páx. 35-38

En plena crise de quecemento global, sentimos a presión para afrontar un novo desafío tecnolóxico para combater as altas temperaturas. O aumento demográfico, especialmente nas zonas cálidas, así como un maior poder adquisitivo, supuxo un aumento no consumo de equi¬pamentos de refrixeración. Hoxe en día, estes sistemas son un foco importante de emisións de gases de efecto invernadoiro. Para com¬bater este escenario distópico é necesario achegar o problema á sociedade e buscar novas alternativas que poden atopar a súa orixe en Galicia. A Universidade da Coruña (UDC) está a acadar grandes logros na procura dun sistema de refrixeración ecolóxica e baixo presión.

O sector eléctrico español e a súa influencia na factura da luz

Adrián Dios Vicente

Páx. 39-41

A análise do sector eléctrico amósase fundamental pola súa importancia na política económica xeral, polo impacto sobre a cidadanía a tra¬vés da factura da luz e tamén su polo impacto medioambiental. Así, avaliarase a tradicional relación entre o sector privado e as institucións públicas, tendo en conta o actual funcionamento do mercado eléctrico e os problemas para a súa regulación. Do mesmo xeito, intentarase centrar a visión do sector desde Galiza, desde unha situación periférica en termos enerxéticos pero con importantes potencialidades en diversos eixos.

Custodiando o Sobreiral do Arnego

Ramsés Pérez

Páx. 42-45

En 2016, ADEGA asina un acordo de custodia coas propietarias e propietarios da Zarra da Pena, unha parcela de 20 hectáreas situada no Sobreiral do Arnego. En 2018, ADEGA recibe unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver un programa que contempla diferentes actuacións de estudo e conservación.

Á caza dos cazadores / O ourego

Xosé Salvadores / Marga Miguens

Páx. 46-47

Nesta sección de flora e fauna de Galiza, recollemos a reflexión persoal do noso colaborador, Xosé Salvadores, sobre a caza e o seu futuro. No apartado de flora, Marga Miguens preséntanos as propiedades do ourego.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal