Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 6 - -
Páx. 2
Algúns dos proxectos industrializadores da Xunta caracterizanse polo elevado impacto sobre o medio ambiente e pola falta de perspectivas de cara ó futuro. A planta de residuos tóxicos de Somozas era un complemento necesario as pretendidas industrias celulósicas, que por sí soas xeran máis dun tercio dos denominados residuos tóxicos e perigosos. Preguntámonos se o fracaso do plan celulósico fará reconsiderar a instalación en Somozas dunha planta dese tipo.
Páx. 3-4
Os que estamos pola defensa do medio ambiente non podemos esquecer o desastre ecolóxico acontencido desde o encallamento do petroleiro Mar Exeo ós pes da Torre de Hércules. De entrada sinalar que a verdade é decote máis revolucionaria ca mentira.
Páx. 5-7
Nesta entrevista realizada a Marc Viader, resólvense certas cuestións: que é o delito ecolóxico e desde cando figura na lexislación española?, por que hai tan poucas denuncias por danos ambientais?, é doado denunciar a unha térmica, por exemplo?
Páx. 8-9
Cando falamos de vexacións, humillación e abusos ó longo da nosa historia é inevitábel pensar nos labregos que tanto sufriron. Loitaron e grazas a eles as terras continuaron xerminando, as augas regando os campos e as vacas producindo cada vez máis leite. Entre estas persoas que se opuxeron a resistencia hai que destacar a Moncho Valcarce, que asumir a responsabilidade de protagonizar unha loita desigual.