Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 72 - Recheos nas...

Outono 2014

CERNA Nº 72 - Recheos nas praias

Artigos da revista CERNA Nº 72

Monterrei, a loita polo patrimonio público

Neves Amado e Eladio A. Fernández

Páx. 36-37

Este artigo trata do espolio do patrimonio común e da resposta da cidadanía en defensa dun uso público e cultural do Castelo de Monterrei. Esta acrópole, situada ao sueste da provincia de Ourense, na raia seca, é a principal vila fortificada de Galicia, que no ano 1931 foi declarada Monumento Nacional e, na actualidade, ten a categoría de BIC (Ben de Interese Cultural). O pasado mes de febreiro, a Xunta anunciaba a súa intención de converter o Castelo nun hotel.

Silvopastoreo no Barbanza: un modelo de futuro para o monte galego

Xosé A. Carril e César F. Pérez

Páx. 38-39

No monte comunal dos veciños da parroquia de Nebra, no Barbanza, ASOPORCEL (Asociación de Criadores de Porco Celta de Galicia) está a desenvolver un proxecto pioneiro para o futuro do silvopastoreo do monte galego, onde se xunta o modelo tradicional de aproveitamento do monte con animais, coas máis modernas tecnoloxías, impulsando a agrobiotecnoloxía. Trátase dun método de silvopastoreo con 50 exemplares de porco celta que se manexan polo sistema de reflexo condicionado de Pavlov.

As escribentas das canaveiras nidificantes en Galicia

Rafael Salvadores e Francisco Arcos

Páx. 40-41

Cando chega a primavera, nalgúns dos humidais costeiros galegos é posible escoitar o breve e repetitivo canto dun paxariño que destaca, empoleirado nunha cana ou xunco, polo seu rechamante deseño negro e branco da cabeza e o peito. Trátase da escribenta das canaveiras iberoccidental, un dos tres pequenos paxaros (paseriformes) catalogados oficialmente como ameazados en Galicia, e o único considerado en perigo de extinción.

Vespa asiática e a artemisa

Xosé Salvadores e Marga Miguens

Páx. 42-43

Nesta sección de flora e fauna de Galiza describimos os perigos dunha especie que irrompeu no ambiente galego no último ano e que se suma ás ameazas das abellas, a Vespa velutina. Tamén nos achegamos ás propiedades da artemisa ou asente.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal