Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 54 - Viaxe ao...

Primavera 2008

CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo

Artigos da revista CERNA Nº 54

Anxo Moure: “os non teño tempo frean o carro da esperanza e do futuro”

Belé Rodríguez

Páx. 44 - 45

Anxo Moure é ecoloxista, contacontos, educador ambiental e amante da bicicleta. Tamén é o fundador de Xevale Ecoloxía, de onde xurdiron as bicis-vixías e os cazadores de lixo. Ademais creou “Bicis pola Paz” e “Ciclo biblioteca”. Anxo leva xa moito tempo facendo educación ambiental a través das personaxes dos seus contos, os que comparte con todo tipo de público, dende nenos ata anciáns.

Fogares verdes

María Xose Castro

Páx. 47

Fogares verdes é un programa de educación ambiental dirixido a domicilios de Santiago de Compostela, que ten como finalidade a promoción do aforro de auga e enerxía na vida cotiá. Defínese como un programa de participación ambiental que pretende incorporar accións sinxelas e mudar hábitos para poder reducir o consumo de recursos no fogar. Fogares verdes é unha iniciativa de ADEGA que se desenvolve en colaboración co INEGA (Instituto Galego da Enerxía) e a Concellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel do Concello de Compostela.

Residuos domiciliarios

Ramsés Pérez

Páx. 48 - 50

O lixo é o claro exemplo da insustentabilidade da sociedade occidental. Unha cultura dificilmente se pode autoproclamar avanzada, cando non é capaz de tirarlle rendemento á multitude de recursos "sobrantes" en que converteu numerosas materias primas logo do seu uso. Pola contra, poderíase denominar a cultura da ineficiencia ou do desbaldimento.Pensar que o problema do lixo está solucionado por haber catro contentores nas rúas e outros tantos no fogar é unha ilusión que non nos podemos permitir. Cando sexamos quen de ir reducindo paulatinamente a nosa produción de residuos até o mínimo e darlle novas oportunidades a cada unha das fraccións, poderemos dicir que a cousa vai no bo camiño. Entón,esa capacidade permitiranos afirmar que vivimos nunha sociedade avanzada e moderna.

Bidueiral de Montedorramo, camiñando polas terras do lobishome

Ramsés Pérez

Páx. 51 - 53

O Bidueiral de Montederramo é unha das xoias dos bosques galegos, razón pola que foi declarado Lugar de Interese Comunitario. Porén, aínda que puidera parecer que este espazo da Rede Natura está dominado por unha única especie, ofrece unha diversidade de paisaxes que vai mais aló da masa forestal de bidueiros. Entre os hábitats destacan, ademais dos piñeiros de repoboación, as carballeiras galaico-portuguesas, diversos tipos de uceiras e pequenos bosques de acivros ou cancereixos, nos que se ve representada unha rica diversidade de fauna e flora. Pero estes montes, hoxe baleiros de xente, foron en tempos un vieiro transitado por veciños e personaxes que deron nome á serra e algunha das lendas máis coñecidas de Galiza.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal