Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 56 - .

Outono 2008

CERNA Nº 56 - .

Artigos da revista CERNA Nº 56

Casos de sostibilidade no monte galego. A restauración da vexetación de ribeira en regatos de Ponte Caldelas.

Fernando Malvar

Páx. 34 - 35

Tralos lumes que arrasaron Galiza no ano 2006 os montes quedaron arrasados, esperando as primeiras precipitacións que provocarían a perda de toneladas e toneladas de solo. Ante esta situación grupos de voluntarios elaboran un proxecto no que colabora a Consellería de Medio Rural. Os voluntarios protexen o solo con barreiras de contención e posteriormente deciden repoboar as marxes de ríos e regatos con vexetación de ribeira impedindo que volvan a producirse estes situacións críticas como a de 2006.

AS UXFOR: Ferramenta para frear o deterioro ambiental

Xosé Antonio Meixide

Páx. 36 - 37

O territorio galego é na súa maioría monte, un monte moi dividido con máis de 600000 propietarios, o cal sumado a que os donos viven afastados do mesmo, provocou que non se fixera unha boa xestión do mesmo. Agora a Consellería do Medio Rural do bipartito, ven de aprobar unha figura con personalidade xurídica que pode cambiar a situación, as UXFOR Unidade de Xestión Forestal, e que van permitir a eses pequenos propietarios facer unha boa xestión do mesmo que permita loitar contra os lumes que tanto dano fan en Galiza cada verán.

Implicadas/os no desenvolvemento. Dez anos cambiando o mundo desde Galiza

Andrea Manuela García Corzo

Páx. 38 - 29

Implicadas/os no desenvolvemento está de décimo aniversario. E é que xa pasou unha década dende que un grupo de persoas puxeron en común a súa forma de entender a pobreza como un problema estrutural e político a nivel mundial e fundaron “implicadas/os no desenvolvemento” (IND), unha ONG de desenvolvemento, de xénero, aconfesional, apartidaria e crítica coa nosa sociedade.

Ecoloxía no cotián. Residuos voluminosos e electrónicos

Ramsés Pérez

Páx. 40 - 41

Pinturas, vernices, frigoríficos, restos de podas, aceites de motor, colchóns, lámpadas fluorescentes, computadoras son algúns dos residuos domiciliarios que non deben botarse nos colectores de recollida selectiva. Algúns poderían coller por espazo pero non o deberían facer pola súa composición. Aínda que teñan un baixo impacto, ao xuntalos, podemos crear auténticas bombas químicas. Por esta razón débese xestionar separadamente en puntos limpos. Dos tóxicos xa nos ocupamos na CERNA 42, desta volta centrarémonos no crecente lixo electrónico.

A víbora, perigosa pero non tanto …

Pepe Salvadores

Páx. 42

A víbora ten moi mala sona na nosa terra, máis non son frecuentes os seus ataques, e coa actuación debida en ningún caso mortais, nin sequera deixan secuelas se acudimos pronto a un centro médico próximo. Son unha especie protexida, son asustadizas, non agresivas, e respectadas por todas as criaturas, menos algúns casos como o ourizo cacho, que non dubida en comelas se ten ocasión.

A estruga

Mª Xosé Castro

Páx. 43

As estrugas son unha planta moi coñecida en Galiza, soe medrar en chans moi nitroxenados, por iso é frecuente preto de cortes. Esta herbácea ten numerosas propiedades medicinais como eliminar toxinas, aumentar os niveis de ferro ou para previr a calvicie ou a caspa, ademais do seu valor culinario, pero os picores que provoca ao rozamento fixéronlle coller mala fama entre as persoas locais e así considerala unha mala herba esquecendo as súas posibilidades.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal