Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 62 - O lixo en...

Verán 2010

CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?

Artigos da revista CERNA Nº 62

Recursos 62

Ramsés Pérez

Páx. 9

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente Cerna algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

A xestión do lixo en Galiza

Manuel Soto Castiñeira

Páx. 10 - 12

A Xunta vén de presentar o borrador do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 (PXRUG), no que se presentan os resultados da actual xestión e propoñen obxectivos para un horizonte de dez anos. Entre estes, destacarían unha redución do 10% do lixo e unha reciclaxe do 35%, e algunha nova planta de compostaxe. Mais os obxectivos de prevención, recollida selectiva e mellorada xestión en xeral non contan cos medios e financiamento necesarios: destinase a prevención o 2,2% do investimento e a plantas de tratamento o 81,9% do investimento, a maior parte para unha nova incineradora. Coa nova planta do sur, a capacidade de“valorización enerxética” pasaría das actuais 366.000 t de combustíbel derivado de residuos a unhas 656.000 t/ano, o que atinxiríao 85% dos residuos combustíbeis totais.

Experiencias locais coa compostaxe caseira

Entrevistas Belén Rodríguez

Páx. 13 - 14

Os concellos teñen uns elevados custes derivados do tratamento dos residuos, isto e un aliciente considerable para fomentar entre os seus cidadáns a elaboración de compost, con isto reducese a xeración de residuos sólidos e ademais crease un abono de calidade que as familias poden usar para os seus pequenos hortos e favorecer a economía familiar. A través destas entrevistas obsérvanse os avances que levan a cabo o concello da Illa de Arousa e Piñor neste ámbito.

Compostaxe comunitaria en Pamplona

Entrevista a Beatriz Oyarzún

Páx. 15 - 16

A mancomunidade da Comarca de Pamplona xa ten experiencia na realización de compostaxe dende o ano 2006, participan no proxecto seis concellos cunha alta participación entre os seus veciños. Os veciños composta nos seus colectores parte dos residuos orgánicos e cando non teñen capacidade para máis lévano a un lugar habilitado polo concello que se encarga do triturado para facer o compost que logo pode usar toda a comunidade.

CO2 emisións e almacenamento

Xoán Ramón Vidal Romaní

Páx. 18 - 19

Nos últimos anos, cando se comezan a ver as primeiras causas do cambio climático, comezase a investigar posibles formas de capturar todo ese CO2 emitido a atmosfera. Existen moi diversos métodos para lograr este fin, e Galiza pode ter varias posibilidades, máis non debemos consentir que, Galiza como a principal produtora de enerxías limpas: hidroeléctrica e eólica, ás que se lle pode engadir a solar xa que é a principal produtora de España de silicio, non ten porque converterse no acubillo de industrias sucias e contaminantes nin na exportadora neta, quer de enerxía, quer dun dos materiais máis necesarios para facer paneis fotovoltaicos.

A paisaxe e a biodiversisade

Francisco Javier López González

Páx. 20 - 23

Ninguén dubida da relación entre estes dous conceptos, aínda que é conveniente matizala para ver como a evolución dunha delas afecta ao desenvolvemento da outra. Para iso, é imprescindíbel establecer unhas definicións, das múltiples que se poden dar, que permitan identificar o problema que se describirá neste artigo: que a evolución da paisaxe, neste caso, en Galiza, está a contribuír a unha diminución da biodiversidade no noso país.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal