Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 11 - -

Verán 1994

CERNA Nº 11 - -

Artigos da revista CERNA Nº 11

Travesía primaveral polos montes de Trevinca

Gustavo Docampo

Páx. 27-29

Percorrido polos diferentes puntos de interese do roteiro celebrado no mes de maio polas ladeiras das montañas valdeorresas. Algúns dos enclaves máis salientables deste traxecto son a Fervenza do Xares, Pena Trevinca con 2.124 metros de altura e o Camiño do Teixadal.

O debate sobre a explotación dos recursos, o caso da sardiña

Xosé A. Fraga Vázquez

Páx. 31-32

Artigo sobre os antecedentes históricos respecto ós coñecementos respecto á sardiña. Os coñecementos empíricos derivados das observacións das xentes do mar víanse afectados polas presións das industrias conserveiras. O resultado era unha elevada confusión sobre o ciclo vital da sardiña. O tenente de navío Fernández Florez defendeu a persistencia da veda polo ano 1885, facendo fincapé na necesidade de coñecer o ciclo vital desta especie.

A voz revelada de Marica Campo

Emilio Xosé Ínsua

Páx. 33-36

A publicación no 92 do poemario Tras as portas do rostro, deunos a oportunidade de coñecer a unha voz literaria de gran calidade e de meirande emoción. Trátase de Marica Campo, que ata entón só deixara constancia en certames menores. Nacida no Incio e residente en Xove, onde traballa como mestra, demorou ata o límite a publicación duns poemas dunha calidade e fondura impresionantes, ideais para quen goste da poesía en carne viva, directa e humana. Inclúense anacos deste poemario de gran sensibilidade humanista e ecolóxica.Ademáis preséntase un artigo adicado ós máis pequenos referido á observación de aves, por Bruño Fraga Bugallo, no se que dan pequenos consellos respecto ó material e ó xeito de observar ós paxaros.

O medio ambiente nos Concellos: a Ría de Ferrol

Pedro Santiago/Cerna

Páx. 37-40

Aínda sendo unha comarca densamente povoada, Ferrol carece dunha industria pesada que xenere fortes problemas ambientais, e persisten numerosas zonas en estado case natural, algunhas delas protexidas. Ademáis analízase a situación dos demáis concellos da ría, como Mugardos, Ares, Neda, Fene e Narón. Destaca o caso de Mougán, que constitúe a mellor solución ao problema do lixo para a maioría dos concellos que optan pola reciclaxe e a compostaxe frente á incineración.

ACTIVIDADES

Cerna/Redacción

Páx. 41-42

Distintas propostas e apuntes relacionados có medio ambiente:- Agricultura biolóxica e agricultura ecolóxica- Naturama: Certame de video sobre o medio ambiente- Actividades xuvenís no Concello de Oleiros- Representantes ecoloxistas na Administración Hidráulica- Actividades da Casa da Terra- Fundamentalismo ou miserabilismo?

LIVROS

Cerna/Redacción

Páx. 44

Propostas de lectura de temática medioambiental. En concreto:- O Parque Compostela, de Roxelia Cid e colaboradores- A Concentración Parcelaria, que está dividido a súa vez en dúas partes por dous autores distintos: Historia dunha esperanza e dunha frustración (Olegario Sotelo Branco) e Un berro contra o ceo (Manuel Mandianes Castro).

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal