Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 12-13 - -

Outono-Inverno 1994

CERNA Nº 12-13 - -

Artigos da revista CERNA Nº 12-13

ACTUALIDADE

Varios

Páx. 6-7

Inclúense varios artigos de temática diversa:- "A mesa para a Defensa dos Camiños de Ferro na Galiza", ante o plan de desmantelamento progresivo da rede galega de camiños de ferro, por Esther Rodríguez.- "A autovía do Noroeste amiaza con destruir o Val do Neira", situación denunciada por viciños e ecoloxistas, por Manuel Soto Castiñeira.- "Moverse máis para chegar menos", sobre as conclusións dun informe do prestixioso científico inglés Sir John Houghton sobre a interacción entre vías e tráfico, por Joam Carmona

Conversa con Carlos Antunes

Concha Fernández

Páx. 8-9

Carlos Antunes foi xunto con Pierre Juquin, Penny Kemp, Isabelle Stengers, Wilfried Telkämper e Frieder Otto Wolf redactor do Manifesto Ecosocialista publicado no ano 1990. Portugués, formouse nas loitas de resposta contra o Estado fascista de Salazar, sendo considerado como autor moral das accións armadas das Brigadas Revolucionarias. Despois da Revolución dos Cravos pasou a cuestionar os planteamentos teóricos, e sobre todo a práctica, dos partidos da esquerda tradicional. Hoxe defende a necesidade dunha intervención social e política non partidaria, e adica os seus esforzos ao traballo en OIKIA promovendo un desenvolvemento integrado en Angola, Mozambique e outras zonas de África. Recentemente falou en Santiago para a Revista Cerna.

Contaminación e deterioro das rías galegas

Fiz F. Pérez e Lourdes Vila Amarelle

Páx. 10-13

Con este artigo, Cerna abre unha serie ao longo da que ofertaremos aos leitores unha análise da situación das nosas augas costeiras, fluviais ou subterráneas. Comezamos precisamente polas rías, esas formacións xeolóxicas, vals fluviais afundidos, onde se moven e mesturan augas de orixe continental con augas de orixe oceánico.

O Plan de Ordenamento dos Recursos Naturais das Fragas do Eume

Rogelio Fernández Díaz

Páx. 14-20

O PORN é un documento técnico de traballo que establece unha situación de óptimos, e que serve exclusivamente de base para unha saída necesariamente negociada. Os obxectivos básicos do PORN son a conservación, o apoio loxístico e o desenrolo sustentable.Inclúese ademáis un artigo de Carlos Vales titulado "Parque Natural das Fragas do Eume: Virtudes e defectos do Proxecto" e outro referido ó "Posicionamento de ADEGA ante o PORN das Fragas do Eume" de Manuel Soto Castiñeira.

DOSSIER: 50 anos abondan

Cerna/Redacción

Páx. 21-32

A política do FMI, o Banco Mundial e o GATT ten agravado a desigualdade entre o centro e a periferia e potenciado a destrucción medioambiental no mundo. No 50 aniversario do BM celebrado en Madrid a principios de outubro, máis de 1.500 persoas, representantes de diversas ONG ou simplemente persoas interesadas nos problemas do Terceiro Mundo e do Medio Ambiente, reuníronse ao seu carón para lle desexar un infeliz cabodano, e firmar un manifesto no que se pide a súa disolución. CERNA ofrece neste dossier a declaración completa deste Foro Alternativo, así como unha man de pequenos comentarios autoría de Joam Carmona que amplían algunhas das referencias que se conteñen no manifesto.

Roteiro: O canón e o val de Neira; unha paisaxe para disfrutar

Daniel Vispo, Manuel Soto e Esther Rodríguez

Páx. 33-35

No Val do Neira séntese fortemente a paz e a tranquilidade que a natureza harmoniosa nos transmite. As paisaxes tradicionais galegas poden vivirse aínda hoxe na súa plenitude. Esta paisaxe combina os campos e pastos cunha rica vexetación autóctona. Só as grandes pendentes, que chegan ao 200%, se nos mostran espidas e agrestes.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal