Revista CERNA

Inicio / ADEGA / Novas / Todas /

ADEGA Nacional

15/01/2024

ADEGA apela á conselleira de Medio Ambiente para que actúe con maior axilidade e transparencia ante incidentes de contaminación mariña

ADEGA reuniuse esta mañá coa vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente da Xunta, Ánxeles Vázquez, para demandarlle unha xestión pública máis áxil e responsable ante incidentes de contaminación mariña.

+info

13/01/2024

ADEGA advirte a eurodeputados, de visita en Galiza, a necesidade de endurecer as normas contra a contaminación por plásticos

Nestes días, parlamentarias europeas visitan Galiza para coñecer a realidade da marea plástica nas nosas costas. ADEGA trasladoulles unha serie de reivindicacións mínimas para atallar novas crises ambientais provocadas por estes contaminantes

+info

11/01/2024

ADEGA pídelle ao Delegado do Goberno vontade de cooperación e transparencia informativa

O presidente e o secretario de ADEGA reuníronse esta maña co Delegado do Goberno para trasladarlle a fonda preocupación ecoloxista e social pola tardanza na reacción do Estado e a falta de información sobre o vertido de pellets de microplásticos.

+info

10/01/2024

21 de xaneiro, Compostela: Manifestación nacional "EN DEFENSA DO MAR"

Unha manchea de organizacións profesionais do sector do mar das rías de Arousa e Muros-Noia xunto con entidades ecoloxistas vimos de convocar unha manifestación en Compostela para o vindeiro 21 de xaneiro. Acude EN DEFENSA DO NOSO MAR !!

+info

09/01/2024

ADEGA convoca esta semana 10 limpezas de formación de voluntariado para a recollida de pellets plásticos nas praias

ADEGA congratúlase de que por fin a Xunta elevara o nivel de emerxencia a situación 2 tal e como tiñamos demandado.

A asociación ecoloxista chama á participación da cidadanía en limpezas formativas nos concellos de Muros, Noia, Porto do Son, Fisterra, Carballo, Cangas e Barreiros ante a marea plástica de pellets que sofre a costa galega.

+info

08/01/2024

ADEGA reclama a elevación do nível de emerxencia (Situación 2) do CAMGAL para a intervención dos medios marítimos do Estado

A importante extensión acadada pola marea de pellets plásticos que dende hai un mes está arribando á costa galega fai urxente a activación da situación 2 de emerxencia do Plano CAMGAL, como vén de reclamar ADEGA á Xunta.

+info

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal